Mitocondria
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As mitocondrias son os orgánulos que se atopan en practicamente tódalas células eucariota (tamén hai en células gaméticas), encargados de subministrar a maior parte da enerxía necesaria para a actividade celular; actúan polo tanto, como centrais enerxéticas da célula e sintetizan ATP por mor da fosforilación osidativa. A mitocondria apresenta unha membrana exterior permeábel a ións, metabolitos e moitos polipéptidos. Iso é debido a que contén proteínas que forman poros chamados Porinas o VDAC (Canal aniónico dependente de voltaxe), que permeten o paso de moléculas de ata 10,000 Dalton e un diámetro aproximado de 20A. A membrana mitocondrial interna apresenta pregues dirixidos cara ó interior chamados crestas, que conteñen tres tipos de proteínas:
- As proteínas que transportan os electróns ata o osíxeno molecular.
- Un complexo enzimático, a ATP-sintetasa que cataliza a sintese de ATP (fosforilación osidativa).
- Proteínas transportadoras que permeten o paso de ións e moléculas a través da membrana interna.