Manteiga
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A manteiga é a emulsión de auga en graxa obtida como resultado do desoro, lavado e amasado dos conglomerados de glóbulos graxos que se forman polo batido da crema de leite e apta para consumo, con ou sen maduración biolóxica producida por bacterias específicas.
É un alimento moi graxo, rico en graxas saturadas, colesterol e calorías, polo que é recomendable para deportistas ou persoas que requiran un importante consumo enerxético. Ademais non é un alimento que estea rifado cunha dieta sa e equilibrada e é moi doada de dixerir a pesar do seu contido graxo.
[editar] Tipos
Existen varios tipos de manteiga, pero pódense distinguir basicamente dous:
- Manteiga ácida: antes da acidificación da crema
- Manteiga doce: trala acidificación da crema (esta é a tradicional).
Ademais pódeselle engadir sal ou non, obtendo mantiga salgada ou doce segundo o caso (a salgada consérvase mellor). E, por suposto, pódese elaborar a partir do leite de moitos animais, sendo os máis correntes en occidente a manteiga de ovella, vaca ou cabra (como curiosidade, non é posible obter manteiga do leite de camelo).
Non é complicado elaborar manteiga caseira, pero si moi laborioso. Unha vez separada a crema do leite pódese proceder a batela cunha culler ou espátula de madeira de arriba a abaixo, aínda que tamén se pode usar unha batedora. O aspecto final adoita darse cun molde de manteiga que lle dá un aspecto máis atractivo de cara ós consumidores.