See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Guerra do Paraguai - Wikipedia

Guerra do Paraguai

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A guerra do Paraguai foi o maior conflito armado internacional ocorrido no continente americano, no período de decembro de 1864 a marzo de 1870. É tamén chamada Guerra da Tripla Alianza. O Brasil, a Arxentina e o Uruguai, aliados, derrotaron o Paraguai despois de cinco anos de loitas, durante os cales o Brasil enviou 180.000 homes á guerra. Destes, máis de 30.000 non voltaron. As perdas humanas sufridas polo Paraguai foron calculadas en 300.000 persoas, entre civís e militares, mortos no transcurso dos combates, das epidemias que se estenderon durante a guerra e da fame. O Paraguai, antes da guerra, atravesaba unha fase de prosperidade económica. A derrota marcou unha reviravolta decisiva na historia do país, desde entón un dos menos desenvolvidos da América do Sur.

Índice

[editar] Antecedentes da Guerra

[editar] O Paraguai antes da guerra

Durante anos a historiografía considerou que nos gobernos de Xosé Gaspar Rodríguez de Francia (1813-1840) e de Carlos Antonio López (1841-1862), o Paraguai tivo un desenvolvemento bastante orixinal en relación ao dos outros países suramericanos. Esta tese afirmaba que a política de Francia e de Carlos López foi sempre a de incentivar un desenvolvemento económico auto-suficiente, grazas ao illamento imposto polos países veciños. Nos últimos anos tal visión ten sido abandonada en virtude de investigacións profundas de autores como Francisco Doratioto e Ricardo Salles.

O réxime de Francisco Solano López caracterizábase por un centralismo total sen calquer espazo para o surximento dunha verdadeira sociedade civil. Non había distinción entre o público e o privado e a familia López gobernaba o país como se dunha grande propiedade se tratase.

O goberno controlaba todo o comercio exterior. O mate, o fume e as madeiras raras exportados mantiñan a balanza comercial con saldo. O Paraguai nunca fixera un empréstimo no exterior e adoptaba unha política protecionista, isto é, de evitar a entrada de produtos estranxeiros, por medio de impostos elevados. Francisco Solano López, fillo de Carlos Antonio López, substituíu o pai no goberno en 1862, e deu proseguimento á política dos seus antecesores.

Máis de 200 técnicos estranxeiros, contratados polo goberno, traballaban na instalación do telégrafo e de camiños de ferro e na asistencia ás industrias siderúrxicas, téxtiles, de papel, tinta, construción naval e pólvora. A fundición de Ibicuí, instalada en 1850, fabricaba canóns, morteiros e balas de todos os calibres. Nos estaleiros de Asunción, construíanse navíos de guerra.

O crecemento económico exixía contactos co mercado internacional. O Paraguai é un país sen litoral. Os seus portos eran fluviais (de ríos) e os seus navíos tiñan que descender o río Paraguai e despois o río Paraná para chegar ao estuario do río da Prata e, de aí, ao océano. O goberno de Solano López elaborou un proxecto para obter un porto no Atlántico. Pretendía crear o chamado Paraguai Maior, coa inclusión dunha faixa do territorio brasileiro que ligase o Paraguai ao litoral.

Para sustentar as súas intencións expansionistas, López comezou a prepararse militarmente. Incentivou a industria de guerra, mobilizou grande cantidade de homes para o exército (o servizo militar obrigatorio xa existía no Paraguai), someténdoos a adestramento militar intensivo, e construíu fortalezas na entrada do río Paraguai.

No plano diplomático, procurou aliarse, no Uruguai, ao partido dos brancos, que se encontraba no poder, adversario dos colorados, que eran aliados do Brasil e da Arxentina.

[editar] A política platina

Desde que o Brasil e a Arxentina se tornaron independentes, a loita entre os gobernos de Bos Aires e do Río de Xaneiro pola hexemonia na bacía do Prata marcou profundamente as relacións políticas e diplomáticas entre os países da rexión. O Brasil chegou a entrar en guerra coa Arxentina dúas veces.

O goberno de Buenos Aires pretendía reconstituir o territorio do antigo Vicerreinado do Río da Prata, anexando o Paraguai e o Uruguai. Realizou diversas tentativas nese sentido durante a primeira metade do século XIX, sen obter éxito, moitas veces por causa da intervención brasileira. Temendo o excesivo fortalecemento da Arxentina, o Brasil favorecia o equilibrio de poderes na rexión, axudando o Paraguai e o Uruguai a conservaren a súa soberania.

O Brasil, baixo o dominio da familia real portuguesa, foi o primeiro país en recoñecer a independencia do Paraguai, en 1811. Na época en que a Arxentina era gobernada por Juan Manuel Rosas (1829-1852), inimigo común do Brasil e do Paraguai, o Brasil contribuíu para o melloramento das fortificacións e do exército paraguaios, enviando oficiais e técnicos a Asunción. Como non había estradas ligando a provincia de Mato Groso ao Río de Xaneiro, os navíos brasileiros precisaban atravesar todo o territorio paraguaio, subindo o río Paraguai, para chegar a Cuiabá. Moitas veces, porén, era difícil obter do goberno de Asunción permiso para navegar alí.

No Uruguai, o Brasil realizou tres intervencións político-militares. A primeira, en 1851, contra Manuel Oribe, para combater a influencia arxentina. A segunda, en 1855, a pedido do goberno uruguaio, presidido por Venancio Flores, líder dos colorados, tradicionalmente apoiados polo Imperio brasileiro. A terceira intervención, contra Atanasio Aguirre, en 1864, sería o detonante da guerra do Paraguai. Esas intervencións atendían aos intereses ingleses de fragmentación da rexión do Prata, impedindo, así, calquera tentativa de monopolio mineral.

[editar] A intervención contra Aguirre

En abril de 1864, o Brasil enviou ao Uruguai unha misión liderada polo conselleiro Xosé Antonio Saraiva para exixir o pagamento dos prexuízos causados a facendeiros gauchos por facendeiros uruguaios, en conflitos de fronteira. O presidente uruguaio, Atanasio Aguirre, do partido dos brancos, recusouse a atender as exixencias brasileiras.

Solano López ofereceuse como mediador, mais non foi aceptado. Rompeu entón relacións diplomáticas co Brasil, en agosto de 1864, e divulgou unha protesta afirmando que a ocupación do Uruguai por tropas do Imperio brasileiro sería un atentado ao equilibrio dos Estados do Prata.

En outubro do mesmo ano, as tropas brasileiras invadiron o Uruguai. Os partidarios do colorado Venancio Flores, que contaba tamén co apoio da Arxentina, uniranse ás tropas brasileiras para depor a Aguirre.

[editar] A Guerra

[editar] Declaración de Guerra

No día 12 de Novembro de 1864, o vapor paraguaio Tacuari apresou o navío brasileiro Marqués de Olinda, que subía o río Paraguai rumbo á entón Provincia de Mato Groso, levando a bordo o coronel Frederico Carneiro de Campos, recén-nomeado presidente daquela provincia. No día 13 de Decembro, o Paraguai declarou guerra ao Brasil. Tres meses máis tarde, o 18 de Marzo de 1865, declarou guerra á Arxentina. O Uruguai, xa entón gobernado por Venancio Flores, solidarizouse co Brasil e a Arxentina.

[editar] O Tratado da Tripla Alianza

Soldados do Corpo de Voluntarios da Pátria
Soldados do Corpo de Voluntarios da Pátria

No día 1° de maio de 1865, o Brasil, a Arxentina e o Uruguai asinaron, en Buenos Aires, o Tratado da Tripla Alianza, contra o Paraguai.

As forzas militares da Tripla Alianza eran, no inicio da guerra, francamente inferiores ás do Paraguai, que contaba con máis de 60.000 homes ben preparados e unha escuadra e 23 vapores e cinco navíos apropiados á navegación fluvial. A súa artillaría posuía cerca de 400 canóns.

As tropas reunidas do Brasil, da Arxentina e do Uruguai, listas para entrar en acción, non chegaban a 1/3 das paraguaias. A Arxentina dispuña de aproximadamente 8 mil soldados e dunha escuadra de catro vapores e unha goleta. O Uruguai entrou na guerra con menos de tres mil homes e ningunha unidade naval. Dos 18.000 soldados con que o Brasil podía contar, apenas 8.000 xa se encontraban nas guarnicións do sur. A vantaxe dos brasileiros estaba na súa mariña de guerra: 42 navíos con 239 bocas de fogo e cerca de catro mil homes ben preparados na tripulación. E grande parte da escuadra xa se encontraba na bacía do Prata, onde actuara, baixo o comando do Marqués de Tamandaré, na intervención contra Aguirre.

Na verdade, o Brasil non estaba preparado para entrar nunha guerra. O seu exército non tiña aínda unha organización ben estruturada. As tropas utilizadas até entón nas intervencións feitas no Prata estaban constituídas basicamente polos continxentes armados de xefes políticos gauchos e por alguns efectivos da Garda Nacional. A infantaría brasileira que loitou na Guerra do Paraguai non estaba formada de soldados profesionais, mais polos chamados Voluntarios da Patria, cidadáns que se presentaban para loitar. Moitos eran escravos enviados por facendeiros. A cabalaría estaba formada pola Garda Nacional do Río Grande do Sur.

Segundo o Tratado da Tripla Alianza, o comando supremo das tropas aliadas cabería a Bartolomeu Mitre, presidente da Arxentina. E foi así na primeira fase da guerra.

[editar] A ofensiva paraguaia

Durante a primeira fase da guerra a iniciativa estivo cos paraguaios. Os exércitos de López definiron as tres frentes de batalla iniciais invadindo Mato Grosso, en decembro de 1864, e, nos primeiros meses de 1865, o Río Grande do Sur e a provincia arxentina de Corrientes. Atacando, case ao mesmo tempo, no norte (Mato Grosso) e no sur (Río Grande e Corrientes), os paraguaios estabeleceron dous teatros de operacións. Nunha guerra chámase teatro de operacións á área en que se concentran as forzas militares, as fortificacións e as trincheiras, e en que se traban as principais batallas.

A invasión de Mato Groso fíxose ao mesmo tempo por dous corpos de tropas paraguaias. A provincia achábase case desguarnecida militarmente. A superioridade numérica dos invasores permitiulles realizar unha campaña rápida e exitosa.

Un destacamento de cinco mil homes, transportados en dez navíos e comandados polo coronel Vicente Barros, subiu o río Paraguai e atacou o forte de Nova Coimbra. A guarnición de 155 homes resistiu durante tres días, baixo o comando do tenente-coronel Hermenexildo de Albuquerque Porto Carrero, despois barón do Forte de Coimbra. Cando as municións se esgotaron, os defensores abandonaron a fortaleza e retiráronse, río arrima, a bordo da canoneira Añambaí, en dirección a Corumbá. Despois de ocupar o forte xa vacío, os paraguaios avanzaron rumbo ao norte, tomando, en xaneiro de 1865, as cidades de Albuquerque e de Corumbá.

A segunda columna paraguaia, comandada polo coronel Francisco Isidoro Resquin e integrada por catro mil homes, penetrou, por terra, nunha rexión máis ao sur de Mato Grosso, e logo enviou un destacamento para atacar a colonia militar fronteiriza de Dourados. O cerco, dirixido polo maior Martín Urbieta; encontrou brava resistencia por parte do tenente Antonio Xoán Ribeiro e dos seus 16 compañeiros, que morreron sen se render (29 de decembro de 1864). Os invasores proseguiron até Nioaque e Miranda, derrotando as tropas do coronel Xosé Días da Silva. Enviaron en seguida un destacamento até Coxín, tomada en abril de 1865.

As forzas paraguaias, a pesar das vitorias obtidas, non continuaron a súa marcha até Cuiabá, a capital da provincia, onde o ataque inclusive era esperado (Augusto Leverxer fortificara o acampamento de Melgazo para protexer Cuiabá). O principal obxetivo da invasión de Mato Groso foi distrair a atención do goberno brasileiro para o norte do Paraguai, cando a decisión da guerra se daría no sur (rexión máis próxima do estuario do Prata). Era o que se chama dunha manobra diversionista, destinada a iludir o inimigo.

A invasión de Corrientes e do Río Grande do Sur foi a segunda etapa da ofensiva paraguaia. Para levar apoio aos brancos, no Uruguai, as forzas paraguaias tiñan que atravesar territorio arxentino. En marzo de 1865, López pediu ao goberno arxentino autorización para que o exército comandado polo xeneral Venceslau Robles, con cerca de 25 mil homens, atravesase a provincia de Corrientes. O presidente Bartolomeu Mitre, aliado do Brasil na intervención contra o Uruguai, negoulle a permisión.

No día 18 de marzo de 1865, o Paraguai declaraba guerra á Arxentina. Unha escuadra paraguaia, descendo o río Paraná, aprisionou navios arxentinos no porto de Corrientes. En seguida, as tropas do xeneral Robles tomaron a cidade.

Ao invadir Corrientes, López pensaba obter o apoio do poderoso caudillo arxentino Xusto Xosé Urquiza, gobernador das provincias de Corrientes e Entre Ríos, xefe federalista hostil a Mitre e ao goberno de Buenos Aires. No entanto, a atitude ambigua asumida por Urquiza mantivo estacionadas as tropas paraguaias, que avanzaron aínda cerca de 200 km en direción ao sur, mais terminaron por perder a ofensiva.

En ación conxugada coas forzas de Robles, unha tropa de dez mil homens baixo as ordens do tenente-coronel Antonio de la Cruz Estigarriba cruzaba a fronteira arxentina ao sur de Encarnación, en maio de 1865, dirixindose para o Río Grande do Sur. Atravesouno no río Uruguai na altura da vila de san Borxa e a tomou en 12 de xuño.

[editar] A primeira reacción brasileira

A primeira reacción brasileira foi enviar unha expedición para combater os invasores en Mato Grosso. A columna de 2.780 homes comandados polo coronel Manuel Pedro Drago saíu de Uberaba, en Minas Xerais, en abril de 1865, e só chegou a Coxín en decembro do mesmo ano, despois dunha difícil marcha de máis de dous mil quilómetros a través de catro provincias do Imperio. Mais encontrou Coxín xa abandonada polo inimigo. O mesmo aconteceu en Miranda, onde chegou en setembro de 1866. En xaneiro de 1867, o coronel Carlos de Morais Camisión asumiu o comando da columna, reducida a 1.680 homes, e decidiu invadir o territorio paraguaio, onde penetrou até Laguna, en abril. Esta expedición ficou famosa pola retirada forzada que emprendeu, perseguida pola cabalaría paraguaia.

A pesar dos esforzos da columna do coronel Camisión e da resistencia organizada polo presidente da provincia, que conseguiu libertar Corumbá en xuño de 1867, a rexión invadida permaneceu baixo o control dos paraguaios. Só en abril de 1868 aconteceu que os invasores se retiraron, transferindo as tropas para o principal teatro de operacións, no sur do Paraguai.

[editar] A batalla do Riachuelo

Na bacía do Prata as comunicacións eran feitas polos ríos; case non había estradas. Quen controlase os ríos gañaría a guerra. Todas as fortalezas paraguaias foran construídas nas marxes do baixo curso (parte do río perto da súa foz) do río Paraguai.

En 11 de xuño de 1865 iniciouse a Batalla Naval do Riachuelo, na cal a escuadra comandada polo xefe de división Francisco Manuel Barroso da Silva derrotou a escuadra paraguaia. Nesta batalla foi destruído o poderío naval paraguaio, tornándose imposíbel a permanencia dos paraguaios en territorio arxentino. Ela practicamente decidiu a guerra en favor da Tripla Alianza, que pasou a controlar, a partir de entón, os ríos da bacía platina até a entrada do Paraguai.

[editar] A retirada das tropas paraguaias

Mentres López ordenaba a retirada das forzas que ocuparan Corrientes, o corpo de tropa paraguaio que invadira Sao Borxa avanzaba, tomando Itaqui e Uruguaiana. Unha división que del se separara e marchaba en dirección ao Uruguai, baixo o comando do maior Pedro Duarte (3.200 homes), foi derrotada por Flores no sangrento combate de Xataí, na marxe dereita do río Uruguai.

Nesa altura, as tropas aliadas estábanse reunindo baixo o comando de Mitre no acampamento de Concordia, na provincia arxentina de Entre Ríos, co mariscal de campo Manuel Luís Osorio á frente das tropas brasileiras. Parte destas deslocouse para Uruguaiana, onde foi reforzar o cerco a esta cidade polo exército brasileiro no Río Grande do Sur, comandado polo tenente-xeneral Manuel Marques de Sousa, barón de Porto Alegre. Os paraguaios rendéronse no día 18 de Setembro de 1865.

Nos meses seguintes foron reconquistados os últimos redutos paraguaios en territorio arxentino: as cidades de Corrientes e de San Cosme. No final do ano de 1865, a ofensiva era da Tripla Alianza. Os seus exércitos xa contaban máis de 50.000 homes e preparábanse para invadir o Paraguai.

[editar] A invasión do Paraguai

A invasión do Paraguai foi feita seguindo o curso do río Paraguai, a partir do Paso da Patria, onde Osorio desembarcou á frente dun destacamento brasileiro. De abril de 1866 a xullo de 1868, as operacións militares concentráronse na confluencia dos ríos Paraguai e Paraná, onde estaban os principais puntos fortificados dos paraguaios. Durante máis de dous anos o avance dos invasores foi bloqueado naquela rexión, a pesar das primeiras vitorias da Tripla Alianza.

A primeira fortificación a ser tomada foi a de Itapiru. Despois dos combates do Paso da Patria e do Estero Bellaco, as forzas aliadas acamparon nos pantanos de Tuiuti, onde foron atacadas. A primeira batalla de Tuiuti, vencida polos aliados o 24 de maio de 1866, foi a maior batalla campal da historia da América do Sur.

Por motivos de saúde, en xullo de 1866 Osorio pasou o comando do 1° corpo de exército brasileiro ao xeneral Polidoro da Fonseca Quintanilha Jordao. Na mesma época, chegaba ao teatro de operacións o 2° corpo de exército, traído do Río Grande do Sur polo barón de Porto Alegre (dez mil homes).

Para abrir camiño até Humaitá, a maior fortaleza paraguaia, Mitre determinou o ataque ás baterías de Curuzu e Curupaiti. Curuzu foi tomada de sorpresa polo barón de Porto Alegre, mais Curupaiti resistiu o ataque de 20.000 arxentinos e brasileiros, guiados por Mitre e Porto Alegre, con apoio da escuadra do almirante Tamandaré. Este ataque fracasado (cinco mil baixas en poucas horas) creou unha crise de comando e detivo o avance dos aliados.

Nesa fase da guerra, destacaron moitos militares brasileiros. Entre eles, os heroes de Tuiuti: o xeneral José Luís Mena Barreto, o brigadeiro Antônio de Sampaio, patrono da arma de infantaría do Exército brasileiro, o tenente-coronel Emilio Luís Mallet, patrono da artillaría e o propio Osorio, patrono da cavalaría, alén do tenente-coronel Joao Carlos de Vilagrá Cabrita, patrono da arma de enxeñaría, morto en Itapiru.

[editar] O comando de Caxias

Oficial e soldado brasileiros
Oficial e soldado brasileiros

Designado o 10 de outubro de 1866 para o comando das forzas brasileiras, o mariscal Luís Alves de Lima e Silva, marqués e, posteriormente, Duque de Caxias, chegou ao Paraguai en novembro, encontrando o exército practicamente paralisado. Os continxentes arxentinos e uruguaios viñan sendo retirados aos poucos do exército dos aliados, asolado por epidemias. Mitre e Flores voltaron aos seus países chamados por cuestións de política interna. Tamandaré foi substituído no comando da escuadra polo almirante XJaquim José Inácio, futuro visconde de Iñaúma. Paralelamente, Osorio organizaba un 3° corpo de exército no Río Grande do Sur (cinco mil homes). Na ausencia de Mitre, Caxias asumiu o comando xeral e providenciou a reestruturación do exército.

Entre novembro de 1866 e xullo de 1867, Caxias organizou un corpo de saúde (para dar asistencia aos innúmeros feridos e combater a epidemia de cólera) e un sistema de abastecemento das tropas. Nese período, as operacións militares limitáronse a escaramuzas cos paraguaios e a bombardeos da escuadra contra Curupaiti. López aproveitaba a desorganización do inimigo para reforzar as súas fortificacións en Humaitá.

A marcha de flanco pola ala esquerda das fortificacións paraguaias constituía a base táctica de Caxias: sobrepasar o reduto fortificado paraguaio, cortar as ligazóns entre Asunción e Humaitá e someter esta última a un cerco. Con este fin, Caxias iniciou a marcha en dirección a Tuiu-Cué. Mais Mitre, que voltara ao comando en agosto de 1867, insistía no ataque pola ala dereita, que xa se mostrara desastroso en Curupaiti. Pola súa orde, a escuadra brasileira forzou, sen maiores perdas, a pasaxe de Curupaiti, mais foi obrigada a deterse diante de Humaitá. Surxiron novas diverxencias no alto comando: Mitre desexaba que a escuadra proseguise, mentres os brasileiros eran favorábeis a un anterior envolvemento e cerco por terra de Humaitá. As vitorias de Sao Solano, Pilar e Tayi tornarían posíbel este cerco, illando Humaitá de Asunción. Como reacción, López atacou a retagarda dos aliados en Tuiuti, sufrindo nova derrota.

Co afastamento definitivo de Mitre, en xaneiro de 1868, Caxias reasumiu o comando supremo e determinou a pasaxe de Curupaiti e Humaitá, realizadas con éxito pola escuadra comandada polo capitán de mar e guerra Delfín Carlos de Carvalho, despois barón da Pasaxe. Humaitá caeu en 25 de xullo, despois de demorado cerco.

Rumbo a Asunción, o exército de Caxias marchou 200 km até Palmas, deténdose diante do arroio Piquisiri. Alí, López concentrara 18.000 paraguaios nunha liña fortificada que exploraba habilmente os accidentes do terreo e apoiábase nos fortes de Angostura e Itá-Ibaté. Renunciando ao combate frontal, Caxias deu inicio á chamada manobra de Piquisiri. Mentres a escuadra forzaba a pasaxe de Angostura, Caxias fixo o exército atravesar para a marxe dereita do río. Mandou construir en 23 días unha estrada nos pantanos do Chaco, pola cal as tropas avanzaron en dirección ao nordeste. Na altura de Villeta, o exército cruzou novamente o río, encontrábase entre Asunción e Piquisiri, na retagarda da liña fortificada paraguaia. En vez de avanzar para a capital, xa desocupada pola poboación e bombardeada pola escuadra, Caxias marchou para o sur e iniciou a decembrada.

A decembrada constituiuse dunha serie de vitorias obtidas por Caxias en decembro de 1868, cando voltaba en dirección ao sur para tomar Piquisiri pola retagarda: Itororó, Avaí, Lomas Valentinas e Angostura. No día 24 de decembro os tres novos comandantes da Tripla Alianza (Caxias, o arxentino Gelly y Obes e o uruguaio Enrique Castro) enviaron unha intimación a Solano López para que se rendese. Mais López recusouse a ceder e fuxiu para Cerro León.

Asunción foi ocupada o 1° de xaneiro de 1869 por forzas comandadas polo coronel Hermes Ernesto da Fonseca. No día 5, Caxias entrou na cidade co restante do exército e 13 días despois deixou o comando.

[editar] O fin da Guerra

[editar] O comando do Conde d'Eu

O xenro do emperador Don Pedro II, Luís Filipe Gastón de Orléans, conde d'Eu, foi nomeado para dirixir a fase final das operacións militares no Paraguai, pois buscábase, alén da derrota total do Paraguai, o fortalecemento do Imperio Brasileiro. En agosto de 1869, a Tripla Alianza instalou en Asunción un goberno provisional encabezado polo paraguaio Cirillo Antonio Rivarola.

Solano López organizou a resistencia nas cordilleiras situadas ao nordeste de Asunción. Á frente de 21.000 homes, o conde d'Eu liderou a campaña contra a resistencia paraguaia, a chamada Campaña das Cordilleiras, que se prolongou por máis dun ano, desdobrándose en varios focos. Os combates máis importantes foron os de Peribebuí e de Campo Grande (ou Nhuguazu), nos cales morreron máis de cinco mil paraguaios.

Dous destacamentos foron enviados en persecución ao presidente paraguaio, que se internara nas matas do norte do país acompañado de 200 homes. No día 1° de marzo de 1870, as tropas do xeneral Xosé Antonio Correa da Cámara sorprenderon o último acampamento paraguaio en Cerro Corá, onde Solano López foi ferido con lanza e despois morto de bala nas barrancas do arroio Aquidabanigúe. A súas últimas palabras foron: "Morro coa miña patria." Era o fin da guerra do Paraguai.

[editar] Consecuencias da Guerra

Non houbo un tratado de paz en conxunto. O Brasil non aceptaba as pretensións da Arxentina sobre unha grande parte do Grande Chaco, rexión paraguaia rica en quebracho (produto usado na industrialización do coiro). A cuestión dos límites entre o Paraguai e a Arxentina foi arbitrada polo presidente estadounidense Rutherford Birchard Hayes. O Brasil asinou un tratado de paz en separado co Paraguai, o 9 de xaneiro de 1872, obtendo a liberdade de navegación no río Paraguai. Foron confirmadas as fronteiras reivindicadas polo Brasil antes da guerra. Estipulouse tamén unha débeda de guerra, que foi perdoada soamente en 1943.

En decembro de 1975, cando os presidentes Ernesto Geisel e Alfredo Stroesner asinaron en Asunción un Tratado de Amizade e Cooperación, o goberno brasileiro devolveu ao Paraguai trofeos da guerra.

O Paraguai sufriu unha violenta redución da súa poboación. En 1870, había un home para cada 28 mulleres. As aldeas destruídas pola guerra foron abandonadas e os labregos sobreviventes migraron para os arredores de Asunción, dedicándose á agricultura de subsistencia, isto é, para consumo propio, na rexión central do país. As terras das outras rexións foron vendidas a estranxeiros, principalmente arxentinos, e transformadas en latifundios. A industria entrou en decadencia. O mercado paraguaio abriuse para os produtos ingleses e o país viuse forzado a contraer o seu primeiro empréstimo no exterior: un millón de libras da Inglaterra, que se pode considerar a potencia máis beneficiada por esta guerra, pois alén de exterminar a ameaza paraguaia na América do Sur como exemplo de desenvolvemento, conseguiu facer que o Brasil e a Arxentina aumentasen as súas débedas externas, que se arrastran até hoxe.

A Arxentina anexou parte do territorio paraguaio e tornouse o máis forte dos países do Prata. Durante todo o tempo da campaña, as provincias de Entre Ríos e Corrientes abasteceron as tropas brasileiras con gado, xéneros alimenticios e outros produtos.

O Brasil pagou un prezo alto pola vitoria. A guerra foi financiada polo Banco de Londres e polas casas Baring Brothers e Rothschild. Durante os cinco anos de loitas, as despesas do Imperio chegaron ao dobre da súa receita, provocando unha crise financeira.

Por outro lado, o Exército brasileiro pasou a ser unha forza nova e expresiva dentro da vida nacional. Transformárase nunha institución forte que, coa guerra, gañara tradicións e cohesión interna e estaba destinado a representar un papel fundamental no desenvolvemento posterior da historia do país.


[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:



aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -