Dioxina
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Reciben o nome de dioxinas uns compostos químicos formados por carbono, hidróxeno, cloro e osíxeno. As distintos tipos de dioxinas e todas eles son policlorodibenzodioxinas, diferenciándose no número e na situación dos átomos de cloro sobre os aneis bencénicos.
A típica dioxina e a 2,3,7,8-tetraclorodibenzo-p-dioxina (2,3,7,8-TCDD) composto de síntese industrial, considerada por moitos como o produto máis perigoso sintetizado polo home. Estivo involucrada nas malformacións e cancros producidos polo axente laranxa, empregado na guerra de Vietnam, e no accidente de Seveso (Italia).
Son compostos incoloros e inodoros e aparecen como subprodutos en moitos procesos industriais e na incineración de basuras, especialmente se conteñen plásticos clorados, ainda que algunhas como por exemplo a 1,3,6,8-tetraclorodibenzo-p-dioxina teñe orixe natural, aparecendo como produto da descomposición da masa vexetal en turbeiras.
As dioxinas son moi tóxicas. Poden producir alteracións nos sistemas inmunitario, reprodutor e endocrino, graves enfermidades cutáneas e cancro.