See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Coldplay - Wikipedia

Coldplay

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Coldplay

Chris Martin, vocalista e líder da banda Coldplay, actuando nun concerto.{{{caption}}}
Información
Orixe Londres
País Inglaterra
Período 1996 - actualidade
Xénero(s) Rock alternativo, britpop
Selo(s) discográfico(s) Parlophone
Membros Chris Martin
Jon Buckland
Guy Berryman
Will Champion
Antigos membros
Web oficial http://www.coldplay.com/

Coldplay é unha banda de rock alternativo formada en 1996 en Londres, Inglaterra. O grupo está formado polo vocalista/pianista Chris Martin, o guitarrista Jonny Buckland, o baixista Guy Berryman e o baterista Will Champion.

Índice

[editar] Biografía

Chris Martin montou Coldplay en 1996, na Universidade de Londres, cos amigos Will Champion, Jon Buckland e Guy Berryman, ao descubrir gustos semellantes (os folks Nick Drake, Simon and Garfunkel e Jeff Buckley). A banda podería ficar no ostracismo total, como moitas outras, pero tivo un pouco de sorte: decidiron lanzar un sinxelo, "Safety", a pesar de ter só cartos para 500 copias. Distribuíron o sinxelo entre familiares e amigos, e tamén enviaron copias a discográficas como BMG e Parlophone que posteriormente contrataríaos. Eles aínda lanzarían outro sinxelo, "Brother & Sisters", polo pequeno selo Fierce Panda.

Xa pola Parlophone lanzaron o EP The Blue Room, cunha tirada de 5.000 copias, e que hoxe é disputado entre os fanáticos e coleccionistas. Son tamén lanzados con moito éxito, o sinxelo das cancións "Shiver" e "Yellow".

Editaron o seu primeiro disco, Parachutes o 10 de xullo de 2000, chegando ao primeiro lugar das listas no Reino Unido. O videoclip de "Yellow" emitíuse sen parar na MTV e a banda consagrouse no V-2000, festival de verán de Inglaterra. Parachutes vendeu máis de un millón de copias, levando ás listas outros éxitos como "Trouble", "Shiver" e "Don't Panic". O público apaixonouse coa voz de Chris e a guitarra case oriental de Jon, con solos e riffs transcedentais. O vocalista chegou a afirmar que Colplay era unha das 10 mellores bandas do mundo. Eles aínda tiveron tempo para facer una xira polos Estados Unidos e gañaron o Grammy en 2002 polo mellor álbum alternativo.

En xuño de 2002, a banda lanzou o seu segundo disco, A Rush of Blood to the Head. Era un disco un pouco máis ousado e cunha mellor produción que o debut da banda, e acabou convertendo a Coldplay nun gran grupo, cos seus diversos hits e boas melodías.

No ano seguinte, realizaron dous novos lanzamentos antes de editar un novo álbum: o EP Brothers & Sisters e o DVD Live 2003 (que tambén saíu en formato CD, co setlist resumido). Aparte diso, destaca dese ano 2003 a voda de Chris Martin coa atriz Gywneth Paltrow.

En 2004 a banda regresou aos estudos para gravar o seu terceiro álbum, que foi lanzado o 6 de xuño de 2005 co título de X&Y. O disco é unha continuación de A Rush of Blood to the Head, o que agradou aos fans, pero deixou á crítica reticiente sobre o futuro da banda.

[editar] Membros

[editar] Discografía

[editar] Álbumes de estudio

[editar] Álbumes en directo

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -