Xoán X, papa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Papas do século X |
|
---|---|
|
|
Antipapas |
|
|
|
|
Xoán X (Tossignano, 860 – Roma, 928), foi papa de 914 a 928.
Bispo de Boloña, despois, en 905, arcebispo de Ravena. Foi elixido papa en 914 por influencia da familia de Tusculum.
Durante o seu pontificado, organizou unha liga italiana contra os sarracenos. No 915, corou emperador a Berengario de Friuli, á volta desa liga contra os musulmáns.
Foi encarcerado e logo seguramente envenenado (segundo outras versións afogado) por orde de Marozia, duquesa de Spoleto. O seu sucesor foi elixido cando el estaba aínda vivo.