Xoán IX, papa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Papas do século IX |
|
---|---|
|
|
Antipapas |
|
|
|
|
Nome | Descoñecido |
Comezo do papado | 18 de enero de 898 |
Fin do papado | 5 de enero de 900 |
Apodo | Descoñecido |
Predecesor | Teodoro II |
Sucesor | Benedicto IV |
Data de nacemento | Descoñecida |
Lugar de nacemento | Tívoli (Italia) |
Data de morte | 5 de enero de 900 |
Lugar de morte | Roma (Italia) |
Papa nº | 116 |
Xoán IX. (* Tívoli, (¿?) – † Roma, 5 de xaneiro de 900). Papa daIgrexa católica de 898 a 900.
Abade dun mosteirio benedictino, Xoán foi elexido papa co apoio de Lamberto de Spoleto o que lle permitiu vencer ao outro candidato que optaba á elección, Serxio, que foi excomulgado e expulsado da cidade, o cal non lle impediría, anos máis tarde acceder ao trono pontificio como Serxio III.
Durante o seu pontificado convocou un concilio en Rávena no que finalizado a tarefa iniciada por o seu predecesor, rehabilitouse definitivamente ao papa Formoso ao que, no chamado “Concilio do cadáver”, se lle someteu a xuízo tras exhumar o seu corpo.
En dito concilio decretouse que a elección papal, para ser válida, debía realizarse en presencia dun representante do emperador e recaer sobre un membro do clero romano.
Así mesmo prohibiu o costume de saquear os palacios dos bispos ou do Papa trala sua morte.
Declarou inválida a consagración de Arnulfo como emperador e coronou, no seu lugar, ao seu protector Lamberto.
Faleceu o 5 de xaneiro de 900 sendo enterrado no adro daBasílica de San Pedro.
Predecesor: Teodoro II |
Papa 898 – 900 |
Sucesor: Bieito IV |
Categoríra:Papas