Xesús Ferro Ruibal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xesús Ferro Ruibal (nado en Rebón, Moraña o 28 de setembro de 1944) é lingüísta, teólogo, latinista e escritor galego.
Ramatou os estudos de Filoloxía e Teoloxía na Universidade de Santiago de Compostela en 1965, e de Filoloxía Clásica en Roma en 1969.
Colaborou na tradución ó galego do Novo Testamento (en 1978) e da Biblia (en 1989), obra esta última pola que recibiu o Premio Nacional de Tradución en 1990.
Foi nomeado membro numerario da Real Academia Galega o 4 de maio de 1996, a proposta de Constantino García González, Carlos Casares Mouriño e Andrés Torres Queiruga. Como cabía esperar, o seu discurso de ingreso versou sobre a fraseoloxía: Cada quen fala coma quen é. Recuperémo-la fraseoloxía enxebre [1], e foi respondido por Carlos Casares.
Actualmente dirixe o proxecto de Fraseoloxía Galega do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, onde edita periodicamente os Cadernos de Fraseoloxía Galega, que xa van polo número 8 (2006).
Xesús Ferro está casado e ten dous fillos.
[editar] Obra
- "Dido e Eneas. Xénese, nacemento e vida de dous personaxes polémicos da Eneida", en Concepción Arenal. Ciencias y Humanidades, 1983.
- Refraneiro galego básico, Galaxia 1987.
- A Igrexa e a lingua galega, 1988.
- Latín de onte a hoxe, Xerais 1989 (en colaboración).
- "Lingua galega e relixión", en Grial 107, 1990, 335-357.
- Os papiros do Medulio, Contos do Castromil nº 28, 1992.
- Diccionario dos nomes galegos, 1992 (en colaboración)
- Refraneiro galego da vaca, Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, 1995 (en colaboración)
- "Notas para unha bibliografía paremiolóxica galega", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 4, 2003, 35-58 (en colaboración).
- "Refraneiro do Seminario de Santiago (1947-1958)", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 4, 2003, 173-343 (en colaboración).
- "Explicitación e implicitación fraseolóxica. Notas galegas", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 6, 2004, 57-80.
- "Locucións e fórmulas comparativas ou elativas galegas", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 8, 2006, 179-264.