Xenoma
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O xenoma é o material xenético contido nos cromosomas dun organismo. No caso humano, o xenoma ten 3x109 nucleótidos.
Aplicado ó humano, o xenoma implica só o ADN cromosómico. Aínda que a mitocondria contén xenes, estes non son considerados "xenoma" (ver xenoma mitocondrial). O termo diploide descrebe o número completo de copias do xenoma nunha célula determinada.
O xenoma non analiza a diversidade xenética ou o polimorfismo dos xenes de una especie. Así, no xenoma humano a secuencia podería ser determinada con só a metade do ADN dunha célula dun individuo. Para coñecer unha variación particular ou en enfermidades é necesario comparar entre individuos.