Xavier Elies
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xavier Elies é un economista e foi cantante en lingua catalana vinculado ao movemento da Nova Cançó en Cataluña, o séptimo integrante dende o ano 1963 de Els Setze Jutges.
Xavier Elies naceu en Barcelona e grabou un só disco, seguiu un estilo moi característico dentro dunha liña humorística e satírica na que predominaba a influencia dos grandes autores da chanson francesa, especialmente Georges Brassens,do que é un fiel seguidor. Ao igual que o resto de membros de Els Setze Jutges realizou un gran número de actuacións en directo e recitais por terras catalanas nunha labor importante de divulgación da Nova Cançó, anque non conseguiu ningún gran éxito popular.
Tivo tamén unha intervención fugaz como cantante e instrumentista do grupo Els Quatre Gats, o primeiro destas características que cantou en lingua catalana.
Una vez superado o primeiro periodo de popularización da canción en catalán, cando o movemento adquiría as suas máis altas cotas de popularidade, Xavier Elies optou por retirarse do mundo da canción.
O 13 de abril de 2007, xunto co resto de compoñentes de Els Setze Jutges recibiu a Medalla de honra do Parlamento de Cataluña, en recoñecemento pola sua laboura en favor da cultura e a lingua catalanas durante a dictadura.
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Garcia-Soler, Jordi. La Nova Cançó. Edicions 62, 1976.