Will Smith
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Willard Christopher Smith, Jr. (n. 25 de setembro de 1968) é un ex-rapeiro e actor de cine e televisión estadounidense. Segundo de catro irmáns, naceu en Filadelfia, no estado de Pensilvania.
Índice |
[editar] Biografía
Will Smith naceu e creceu no oeste de Filadelfia, fillo de Caroline Bright, unha administradora escolar quen traballou para o colexio infantil de Filadelfia, e Willard Christopher Smith, un mecánico de neveiras e refrixeradores. Os seus pais se divorciaron cando el tiña uns 13 anos.
Smith iniciou a súa carreira rapeando no dúo de pop-rap DJ Jazzy Jeff & the Fresh Prince, creando temas humorísticos aptos para a radio comercial, como "Parents Just Don't Understand". Trasladaron o mesmo espírito humorístico aos seus vídeo-clips, nos que Smith, O príncipe do Rap, mostrou o seu carisma e vis cómica. En 1990 a cadea de televisión NBC contratouno e montou unha comedia de situación en torno a el, The Fresh Prince of Bel-Air (O príncipe de Bel-Air, en España e O príncipe do rap en Latinoamérica). Nela, interpreta a un personaxe chamado tamén Will Smith, e tamén interesado no rap. O seu compañeiro Jazzy Jeff, tivo aparicións menores en moitos dos episodios, co personaxe de Jazz. Outras figuras coñecidas participaron como invitados especiais, entre eles artistas de hip hop como Heavy D and the Boyz e Queen Latifah (que interpretou a dous personaxes diferentes).
Smith comezou unha exitosa carreira no cine de Hollywood coa película policíaca Bad Boys (1995), cuxa rodaxe puido compaxinar co de televisión. Cando a serie The Fresh Prince of Bel-Air acabou en 1996, Smith empezou a súa carreira musical como solista e seguiu en películas, interpretando ademais temas musicais para varias delas.
Pouco despois protagonizou películas destacables como Independence Day (1996), Men in Black e a súa secuela (1997 e 2002, respectivamente), Ali (2001), pola que foi candidato ao Oscar ao mellor actor, Eu, Robot (2004), Hitch en 2005 , The Pursuit of Happyness (en español, En busca da felicidade), en 2006 e I am legend (Son lenda) en 2007.
En 1992 casouse coa actriz Sharee Zampino, coa que tivo un fillo, Willard Christopher III, tamén chamado Trey. Se divorciaron en 1995. En 1997 casouse coa actriz Jada Pinkett Smith, coa que tivo dous fillos: Jaden Christopher Syre (1998) e Willow Camille Reign (2000).
Posúe xunto ao seu irmán Harry Smith a empresa Treyball Development Inc., chamada así en honor ao seu primeiro fillo "Trey".
O 2 de xullo de 2005, Smith exerceu de presentador do concerto Live 8 na súa Filadelfia natal, no que ademais rapeou xunto a Jazzy Jeff. Tamén produciu [of Us], un programa baseado libremente na súa vida persoal, cancelado en maio de 2007.
Tanto el como a súa esposa son amigos próximos de Tom Cruise e a súa esposa Katie Holmes, xerando rumores de que pertence á igrexa da Ciencioloxía. Aínda que el non negou, declarou considerar revolucionarias e brillantes algunhas das ideas desta relixión.
[editar] Filmografía completa
- Time Share (Pre-Producción) (2008)
- Soy leyenda (2007)
- Tonight, He Comes (2007)
- En busca de la felicidad (2006)
- Hitch: Especialista en ligues (2005)
- El Espantatiburones (Shark Tale) ; Voz (2004)
- I, Robot (Yo robot) (2004)
- Bad Boys II (2 Policías Rebeldes II) (2003)
- Men in Black II (MIIB) (2002)
- Ali (2001)
- La leyenda de Bagger Vance (The Legend of Bagger Vance) (2000)
- The Wild Wild West (1999)
- Torrance Rises (1999)
- Enemigo público (1998)
- Men in Black (1997)
- Independence Day (1996)
- Bad Boys (2 Policías Rebeldes) (1995)
- Happily Ever After: Fairy Tales for Every Child ; Voz de Pinocho, televisión (1995)
- Six Degrees of Separation (Seis grados de separación) (1993)
- Made in America (1993)
- Where the Day Takes You (La ley de cada día, Venezuela) (1992)
- The Perfect Date ; Televisión (1990)
- Saturday Morning Videos ; Serie televisión (1990)
- The Fresh Prince of Bel-Air - El Príncipe del Rap ; Serie televisión (1990)
[editar] Premios
[editar] Oscars
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2007 | Oscar ao mellor actor | En busca de la felicidad | Candidato |
2001 | Oscar ao mellor actor | Ali | Candidato |
[editar] Globos de Ouro
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2001 | Globo de Ouro ao mellor actor - Drama | Ali | Elexido |
1993 | Globo de Ouro ao mellor actor de serie de televisión - Musical ou comedia | O príncipe de Bel-Air | Nominado |
1992 | Globo de Ouro ao mellor actor de serie de televisión - Musical ou comedia | O príncipe de Bel-Air | Nominado |
[editar] Enlaces Externos
- Myspace Oficial(Inglés)
- willsmith.net Sitio web oficial de Will Smith (Inglés)
- Frases de Will Smith
- Entrevista con Will Smith (Castelán)