See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Wilhelm Meyer-Lübke - Wikipedia

Wilhelm Meyer-Lübke

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Wilhelm Meyer-Lübke (ou Meyer-Luebke) (Dübendorf, Suíza, 1861 - Bonn, 1936), lingüísta neogramático e romanista de orixe suíza.

Índice

[editar] Biografía

Discípulo do pai da Romanística científica, Friedrich Diez. Foi profesor das universidades de Jena, Viena e Bonn. Seguíu a teoría de Gustav Gröber, adaptando o mètodo comparatista da investigación das indoeuropeo ás línguas románicas, no estudo das cales introducíu principios de sistematización.

[editar] Criticismo sobre a actuación do substrato

Manteu un grande escepticismo cara a actuación do substrato nas explicacións dos cambios fonéticos. Observou que non se sabía abondo das línguas prerromanas: (osco e umbro na Italia central e meridional; galo, na Italia septentrional e na mesma Galia; ibero, en Hispania); non se sabía nada con certeza da língua dos sardos e moi pouco da língua prerromana da Dacia ou do Véneto. Unha das influencias de substrato céltico admitida naquela altura, era a mutación de [u] en [ü]. Esta mudanza obsérvse en francés, occitano, piamontés, lígur, lombardo, en parte dos dialectos da Emilia, en romanche e retorománico engadinés, ademais de en galés, holandés, os dialectos alemáns de Alsàcia, de parte de Brisgobia e do Vallese. Todas estas zonas foran habitadas polos celtos, mais a coincidencia entre a isoglosa e a área celta é menos precisa do que semella. Mais aínda admitindo a identidade da isoglosa moderna con área antigamente ocupada polos celtas, habería que demostrar que a isoglosa é antiga e que a coincidencia remonta efectivamente á época na que os celtas aprenderan latín. Ademais demostrouse que o fenómeno en occitano é posterior á época medieval, e parece fenómeno tardío tamén noutras zonas periféricas da Galorromania, desde Savoia até Normandía. A área actual da mudanza u>ü é resultado dunha expansión efectuada a partir dun núcleo orixinario pequeno, e mesmo se estendeu até o vasco de Iparralde.

De todos os fenòmenos atribuídos á influencia do substrato céltico, os que resultaban máis seguros para Meyer-Lübke eran o paso de -CT- a -it- e a nasalización das vogais. A influxo osco-umbro, Meyer-Lübke atribuía dous fenómenos seguros: a sonorización das oclusivas xordas despois de nasal, e máis a asimilación -ND- > -nn-. Na Península Ibérica estudou o cambio do F- inicial que non desparce diante do -r- nin diante do ditongo castelán ue procedent de O. En conclusión, Meyer-Lübke consideraba que antes de avanzar a hipòtese da influencia do substrato deberían de cumprirse tres operacións preliminares:

  1. Comprobar as condicións de vida real da poboación da zona onde aparece o fenómeno, ou ben das relacións exactas que mantiñan romanos e autòctonos;
  2. Comprobar a antigüidade do fenómeno na zona afectada;
  3. Analizar rigorosamente as diversas realizacións articulatorias de sons aparentemente idénticos.

[editar] A clasificación do catalán

Seguindo ao seu mestre Friedrich Diez, en 1890 asignou á língua catalana o estatus de dialecto do occitano (denominado daquela provenzal) na súa obra Grammatik der romanischen Sprachen (Gramática das Línguas Románicas), na que afirma: "Ao leste a transición se produce paulatinamente con o catalán no Rosellón: Esta última variedade (parlen), que non é máis que un dialecto provenzal...." (p. 14). Porén, abandonou esta opinión en 1925, e emprega de maneira xeral o nome de "língua catalana", mais afirmando as concordancias con o occitano de todo o conxunto idiomático de Cataluña, o País Valenciano e as Baleares. Este cambio foi fundamental para o recoñecemento do catalán como unha língua independentw.

No seu estudo monográfico sobre do catalán (Das Katalanische) (1925), Meyer-Lübke comparou este idioma con o castelán e o occitano e tirou a conclusión de que o catalán era unha língua do grupo galorománico. Con esta opinión comezou unha polémica sobre a subagrupación románica do catalan, xusto logo do seu recoñecemento como língua independente, e sobretodo pola coincidencia cronolóxica da obra de Meyer-Lübke con a edición de Orígenes del español de Ramón Menéndez Pidal (1926), obra na que este filólogo español desenvolvía a tese da clasificación do catalán como língua iberorrománica.

[editar] Obras

  • Die Schicksale des lateinischen Neutrums im Romanischen (A cuestión do neutro latino na Romania) (Halle, 1883).
  • Grammatik der romanischen Sprachen (Gramática das línguas románicas) (Estrasburg, 1890-1902), 4 vols.
  • Italienische Grammatik (Leipzig, 1890).
  • Historische Grammatik der französischen Sprachen (1898).
  • Romanische Syntax (Leipzig, 1899).
  • Einführung in das Studium der romanischen Sprachwissenschaft (Introducción ao estudo da lingüística románica (Heidelberg, 1901).
  • Die Aussprache des Altprovenzalischen U (A pronunciación do U en antigo provenzal), in Mélanges Wilmotte (París, 1909).
  • Romanisches etymologisches Wörterbuch (Diccionario etimolóxico das língüas románicas) (1911-1920), en trece entregas.
  • "Gedanken über die Anlage des von Mn. A. M. Alcover unternommenen Diccionari català-valencià-balear", Bolletí del Diccionari de la Llengua Catalana XIII (juliol-agost 1923), p.72-94.
  • Das Katalanische. Seine Stellung zum Spanischen und Provenzalischen, sprachwissenchftlich und historisch dargestellt (O catalán. A súa situación perante o español e o provenzal) (Heidelberg, 1925).

[editar] Bibliografía

  • Guillem Calaforra i Castellano, Wilhelm Meyer-Lübke i Das Katalanische: introducció i traducció. Barcelona, Institut d’Estudis Catalans. ISBN 84-7283-403-4


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -