See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Voto - Wikipedia

Voto

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Mulleres votando en Bangladesh
Mulleres votando en Bangladesh

O voto é un método de toma de decisións no que un grupo, tal como unha xunta ou un electorado, trata de medir a súa opinión -usualmente como o paso final que segue as discusións ou debates.

Como métodos alternativos ao voto inclúense a adopción de decisións por consenso (que funciona evitando a polarización e marxinalización da disensión) e a aposta (como nunha democracia anticipativa).

En democracia, o voto implica comunmente a elección, por exemplo unha forma para que un electorado elixa entre os seus candidatos a un cargo. En política o voto é o método polo cal o electorado dunha democracia designa representantes nunha determinada institución, tal como o goberno do seu estado, rexión, etc.

Un voto, ou unha votación, é o acto individual de votar, polo cal o individuo expresa apoio ou preferencia por certa moción (p.ex. unha resolución proposta), candidato, ou determinada selección de candidatos. Unha votación secreta, a maneira normal de protexer a privacidade política dos votantes, xeralmente ten lugar nun colexio electoral. O acto de votar é voluntario na maioría dos países. Sen embargo nalgúns países, tales como Australia ou Bélxica, o voto é obrigatorio.

Non obstante, que un país teña unha elección na que o pobo poida votar non significa necesariamente que o país sexa democrático. Moitos gobernos autoritarios teñen "eleccións", mais os candidatos son preseleccionados e aprobados polas elites, non hai competencia, a capacidade dos votantes está restrinxida, e a votación é ás veces unha farsa.

[editar] Voto feminino

Durante longo tempo, as mulleres non tiveron voto, algo que foron conseguindo as chamadas 'sufraguistas' ó longo do século XX. En España, o 2 de outubro de 1931, defendida por Clara Campoamor, votouse a favor de que as mulleres poideran votar. Dábase a paradoxa (vista dende hoxe) de que as mulleres podían ser votadas como representantes (había varias mulleres na cámara), pero non votar.

[editar] Voto electrónico

Algúns consideran que en canto os votos sexan rexistrados nun medio que sexa invisíbel aos humanos, os electores perderán calquera posibilidade de verificar como son recollidos e cotexados os seus votos para producir o resultado final. Así, precisan ter unha fe absoluta na exactitude, honestidade e seguridade de todo o aparato electoral. Isto refírese particularmente ao voto electrónico pois, contemplando os ordenadores como caixas negras, as súas operacións só se poden verificar mediante o coñecemento das entradas e saídas (é dicir, da entrada de datos e a comparación dos resultados agardados cos existentes), mais baixo o sistema de votación segreda, os votos entrantes non se coñecen, nin existe ningún resultado agardado co que comparar os resultados electorais.

[editar] Véxase tamén

  • Democracia representativa
  • Democracia libertaria


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -