Vladimir Ashkenazy
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Vladimir Davidovich Ashkenazy (Влади́мир А́шкенази en ruso) (nado en Nizhny Novgorod, Rusia en 1937). Pianista e director de orquestra ruso, naturalizado islandés en 1972. É o presidente da Sociedade Rachmaninoff
Graduado no conservatorio de Moscova, gañou o segundo premio na prestixiosa Competición Internacional de Piano Frederick Chopin (Varsovia, 1955), e o primeiro premio na Competición Internacional Tchaikovsky de 1962. Gravou coa Orquestra Filharmónica de Londres, entre a que descata os 24 preludios e fugas de Shostakovich.
En 1998 Askenazy converteuse no director principal da Orquestra Filharmónica Checa.