Vincent Gallo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Vincent Gallo (nacido en Buffalo, Nova York o 11 de abril de 1961[1]) é un actor e director de cine, ademais de productor, guionista e músico. Aínda que tivo pequenos papeis en películas comerciais como Goodfellas, está máis ligado ó cine independente. Nos 80 Gallo traballou como pintor figurativo en Nova York, actuando nun dúo de rap e tocando na banda Bohack. A finais dos 90 tocou nunha banda de rock chamada Bunny, e nos comezos desta década editou varias gravacións.
Índice |
[editar] Biografía
Os pais de Vincent Gallo eran emigrantes sicilianos. Creía que "os únicos italianos reais eran de Buffalo" e que el era pequeno en comparación con "eses monos" que viven en Sicilia. Despois de que o seu pai o botara da casa con 16 anos, Gallo mudouse a Nova York, desde onde viaxou arredor de Europa. Volveu a Nova York co nome de Prince Vince, o seu alter ego rapeiro.
Gallo foi modelo, con reseñables aparicións para Calvin Klein, e foi fotografiado por Richard Avedon. Comezou sendo pintor, continuou pilotando motos, e finalmente converteuse en actor. Dirixiu dúas películas: Buffalo '66 (1998) e The Brown Bunny (2003). Este último foi controvertido por unha escena na que a actriz Chloë Sevigny lle facía unha felación. Buffalo '66, que co-escribiu, dirixiu e protagonizou, está considerada como o seu mellor traballo. Gallo é coñecido polas súas declaracións e visións deslinguadas, como cando dixo: I stopped painting in 1990 at the peak of my success just to deny people my beautiful paintings; and I did it out of spite.[2] (deixei de pintar en 1990 no cumio do meu éxito só para privar á xente das miñas fermosas pinturas; e o fixen sen rancor).
[editar] Cine
Durante o seu período artístico nos anos 80, cando traballaba en Nova York como músico e pintor, comezou tamén a experimentar co cine. Fixo a curtametraxe If You Feel Froggy, Jump e apareceu na película New York Beat Movie (1981) co pintor Jean Michel Basquiat. En 1984 actúa en The Way It Is (1984), onde tamén aparecen Steve Buscemi e Rockets Redglare. Logo de protagonizar a escura película Doc's Kingdom (1989), comeza a facer pequenos papeis en películas máis coñecidas, como Goodfellas, The House of the Spirits ou The Perez Family. O director francés Claire Denis permitiu a Gallo actuar en varias películas, como a curta Keep It for Yourself, a película para televisión Go Home, ou a súa seguinte obra Nénette et Boni (1996)."[3]
Gallo actúa en Arizona Dream con Johnny Depp, na comedia de culto Palookaville, e en The Funeral, e ten un papel principal en Truth or Consequences, N.M.. En 1998, a súa película Buffalo '66 foi nominada para o premio á Mellor Ópera Prima nos Independent Spirit Awards[4]. Gallo fixo esta comedia-drama cun presuposto de un millón e medio de dólares, facendo el mesmo o guión, a dirección, o papel principal e a banda sonora. O lanzamento de Buffalo '66 ...gained him a solid fan base[5] (proporcionoulle unha sólida base de admiradores). As seguintes aparicións fainas no drama criminal Freeway 2: Confessions of a Trickbaby, o drama Stranded: Náufragos, o thriller Hide and Seek, e a comedia romántica Get Well Soon. Gallo aparece noutra película de Claire Denis, unha película bizarra de horror e erotismo chamada Trouble Every Day.
En 2003 Gallo repite a actitude multicreativa que xa tivera en Buffalo '66 ó actuar e dirixir The Brown Bunny. UNha película sobre a viaxe polos Estados Unidos dun piloto de motociclismo, coprotagonizada por Chloë Sevigny. Debido ó seu contido sexual explícito, e mesmo ó uso dunha escena sexual nun anuncio publicitario, converteuse nun escándalo mediático que conferiu á película unha boa cantidade de publicidade gratuíta. Como dixo Andrea LeVasseur en All Movie Guide, The Brown Bunny premiered to much derision at the Cannes Film Festival[6] (estrenouse con moita mofa no Festival de Cannes).
Unha batalla dialéctica xordeu entre Gallo e o popular crítico Roger Ebert en 2003 ó considerar Ebert que The Brown Bunny era a peor película da historia de Cannes. Gallo respondeu chamando a Ebert "fat pig with the physique of a slave trader" ("porco gordo coa mentalidade dun traficante de escravos"). Ebert respondeu, parafraseando a Winston Churchill, que "although I am fat, one day I will be thin, but Mr. Gallo will still have been the director of The Brown Bunny" (malia que son gordo, algún día serei delgado, mentras que o señor Gallo será sempre o director de The Brown Bunny).
Unha reedición máis curta da película (aínda que mantiña a controvertida escena sexual) foi mostrada no 2004 no Toronto International Film Festival. Aínda que non recibiu os maiores eloxios, tampouco foi motivo de mofa como fora a versión de Cannes, e o 28 de agosto de 2004 no episodio do espectáculo Ebert & Roeper, Ebert fixo unha crítica constructiva da nova versión. Nunha columna publicada na mesma época, Ebert declarou que Vincent e el fixeran as paces.
Ironicamente a indignación e histeria arredor de The Brown Bunny contribuíron a que fose a película máis comentada do festival. A película, rodada cun presuposto de 10 millóns de dólares, acadou a segunda posición en número de proxeccións na fin de semana de estreno, só por detrás dunha película da IMAX [4]. A película logrou a aprobación de Sony Pictures Entertainment, que adquiriu os dereitos de distribución multiterritorial en febreiro de 2005. A mesma compañía distribuíu a película en DVD en Norteamérica en agosto de 2005.
A personaxe do director e escritor ficticio Billy Walsh na película Entourage, que se creía baseado no escritor de series Rob Weiss, ten grandes semellanzas con Gallo. Ademais das semellanzas psicolóxicas, o ficticio Billy Walsh foi imaxinado como guionista, director e editor que controla tódolos ámbitos da súa obra.
[editar] Música
A mediados dos 70 Gallo tocou o baixo eléctrico e cantou en varios grupos modestos formados por adolescentes, como Blue Mood, unha banda de rock progresivo chamada Zephyr (non a homónima de finais dos 60) coa que deu un concerto no estado de Nova York, e os Plastics[7] Con 16 anos mudouse á cidade de Nova York e formou a banda Gray, co aritsta visual Jean Michel Basquiat cando aínda non eran famosos. Gray tocaba en clubes como Max's Kansas City, CBGB's, Hurrahs, ou o Mudd Club. Algunhas cancións de Gray aparecen na banda sonora da película Downtown 81.[8]. A comezos dos 80 Gallou actuaba el só como o Nonsexuals, rapeando nun dúo chamado Trouble Deuce baixo o nome de Prince Vince, con Nick Nice, que actuaba co pseudónimo de DJ High Priest.
Gallo tocou tamén na banda Bohack, coa que gravou o álbum "It Took Several Wives".[9] Ó desfacerse Bohack Gallo adicouse a actuar, dirixir e compoñer bandas sonoras de películas. Tamén estivo na banda de rock Bunny, con Lukas Haas, e puxo á venta o seu propio cd When.[10]. Bunny fixo unha xira por Xapón e gravou un cd co productor Eddie Offord. No 2001 volvería de xira por Xapón, co apoio dos músicos Josh Klinghoffer e Carla Azar do grupo Autolux.
No 2002 lanzou "Recordings of Music for a Film", unha versión remasterizada de antigas composicións. Tamén actuou con Jim O'Rourke tocando o baixo, e actuou con Sean Lennon, colaborando ademais no disco que este lanzou en 2004. Nikolai Haas, o irmán pequeno de Lukas Haas, foi batería nalgúns concertos de Gallo. Gallo tamén co-organizou unha fin de semana do festival británico All Tomorrow's Parties en abril de 2005, onde tocou entre outra xente o seu amigo John Frusciante. Gallo seleccionou a Yoko Ono como cabeza de cartel, tocando el mesmo con ela e co seu fillo Sean Lennon.
No 2006 contribuíu na produción do terceiro álbum da banda Zoozersadd, The Gates of Hell, producido polo compañeiro director independente Joel Potrykus.
[editar] Páxina web
A comezos de 2005 Gallo deixou un texto na súa páxina web ofrecendo o seu esperma sano por un millón de dólares, engadinod que mantería o dereito de rexeitar ofertas polo seu esperma de persoas de cor escura. Malia ser seguidor de Franco Harris, Derek Jeter, Lenny Kravitz ou Lena Horne, Gallo non quere contribuçir a ese tipo de integración.[11]
Ademais ofreceu un desconto de 50.000 dólares ás mulleres que puidesen probar ser loiras naturais e de ollos azuis e a calquera que probase ter como antepasados directos a soldados alemáns de metade do século XX.ref name="misc"/> Gallo tamén expresou o seu desexo de fecundar a unha muller xudea, porque esa conexión coa fe xudea garantiría á súa prole unha mellor oportunidade de obter boas críticas e mesmo acadar un premio no festival de Sundance ou nos Oscar.[11] A comezos de 2006 Gallo fixo outra proposta a través da rede, ofrecendo os seus servizos, como unha tarde ou noite de acompañante sexual, estando dispoñible para calquera muller que pagase 50.000 dólares por unha noite ou 100.000 por unha fin de semana.
[editar] Ideoloxía política
É difícil aseverar a súa verdadeira ideoloxía política. Afirma apoiar ó Partido Republicano, e foi visto nun festival de moda de Nova York con Barbara e Jenna, as fillas de BushJenna[12]. Ademais proclama que a súa fantasía é "converterse máis nun estereotipo do Partido Republicano"[13] Ademais quixera parecerse máis ó xornalista conservador George Will."[14]. En calquera caso a súa actividade é de cotío controvertida e de falabarato, o que dificulta saber cal das crenzas políticas que apoia é realmente a súa propia. El considérase sempre un radical, pero un radical extremamente conservador.[15]
[editar] Filmografía
[editar] Actor
- New York Beat Movie (1981)
- The Way It Is (1984)
- Doc's Kingdom (1989)
- Goodfellas (1990)
- The Perez Family
- Hide and Seek
- The House of the Spirits (1993)
- Arizona Dream (1993)
- Palookaville (1996)
- Basquiat (1996)
- The Funeral (1996)
- Nénette et Boni (1996)
- Truth or Consequences, NM (1997)
- Buffalo 66 (1998)
- Freeway II: Confessions of a Trickbaby (1999)
- Trouble Every Day (2001)
- Get Well Soon (2001)
- Stranded (2001)
- The Brown Bunny (2003)
- Oliverio Rising (2006)
- Moscow Zero (2006)
- Dirt (2007-TV)
[editar] Guionista/Director
- Buffalo ’66 (1998)
- The Brown Bunny (2003)
- When/While (2008)
[editar] Discografía
[editar] Albums
- It Took Several Wives - (1982, Family Friend Records) (coa banda Bohack)
- The Way It Is Soundtrack - (1984, Rojo Records)
- Buffalo 66 Soundtrack - (1998, Will Records)
- When - (2001, Warp Records) (como Vincent Gallo)
- Recordings Of Music For Film - (2002, Warp Records)
[editar] Sinxelos
- "So Sad" EP - (2001, Warp Records)
- "Honey Bunny" 7" - (2001, Warp Records)
[editar] Notas
- ↑ IMDB Biography
- ↑ http://www.galloappreciation.com/print/flux.html
- ↑ http://movies2.nytimes.com/gst/movies/filmography.html?p_id=90927
- ↑ http://movies2.nytimes.com/gst/movies/filmography.html?p_id=90927&mod=awards
- ↑ http://movies2.nytimes.com/gst/movies/filmography.html?p_id=90927&mod=bio
- ↑ http://movies2.nytimes.com/gst/movies/filmography.html?p_id=90927&mod=bio
- ↑ http://www.allmusic.com/cg/amg.dll?p=amg&sql=11:3bfwxqlkldse~T1.
- ↑ http://www.allmusic.com/cg/amg.dll?p=amg&sql=10:acfoxql0ldje.
- ↑ http://www.allmusic.com/cg/amg.dll?p=amg&sql=11:3bfwxqlkldse~T1.
- ↑ http://www.allmusic.com/cg/amg.dll?p=amg&sql=11:3bfwxqlkldse~T1.
- ↑ 11.0 11.1 Miscellaneous Merchandise
- ↑ Party Girls
- ↑ [1]
- ↑ [2]
- ↑ [3]
[editar] Ligazóns externas
- Vincent Gallo na base de datos da Internet Movie Database
- www.vincentgallo.com
- trailer de The Brown Bunny (en castelán)