Villa Tugendhat
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Villa Tugendhat é considerada unha obra maestra do arquitecto alemán Ludwig Mies van der Rohe. Construida no 1930 en Brno, na actual República Checa, por encargo de Fritz Tugendhat e a súa muller Greta, pronto se convertíu nun icono da arquitectura moderna.
O custo da súa construción foi moi alto debido ao inusual método de construción, os materiais luxosos, unha tecnoloxía de calefacción moi moderna, a ventilación, etc. É tamén bastante grande para unha casa familiar, feito que pode non percibir o visitante ocasional posto que a elegante simplicidade das habitacións usadas pola familia é compensada por un espazo moi grande ocupado por habitacións utilitarias.
Fritz e Greta Tugendhat, que era xudeus, deixaron Checoslovaquia cos seus fillos en 1938, pouco despois de que o país fose desmembrado segundo o acordo de Munich. Non voltaron nunca. A casa tivo varios usos prácticos durante as décadas posteriores á segunda guerra mundial e en 1992 os líderes políticos de Checoslovaquia se reuniron nela para asinar o documento que dividía formalmente ao país nos actuais estados da República Checa e Eslovaquia. Dende 1994 a villa está aberta ao público como museo administrado pola cidade de Brno.
A villa Tugendhat foi designada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 2001.