See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Víctor Fernández - Wikipedia

Víctor Fernández

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Víctor Fernández Braulio (Zaragoza, Aragón, España, 28 de novembro de 1960), é un adestrador español de fútbol. O seu primeiro equipo foi o Real Zaragoza e durante varios anos entrenou con éxito ó Real Club Celta de Vigo.

Índice

[editar] Biografía

Como futbolista non chegou a destacar, e só conseguiu xogar co Stadium Casabranca en Rexional Preferente e co Sariñena en Terceira División. Adoitaba actuar como mediapunta.

Estivo adestrando ós equipos xuvenís do Stadium Casabranca un par de anos, e en 1988 foi o primeiro da súa promoción cando sacou o carné de adestrador nacional. De aí deu paso directamente ó Real Zaragoza, como segundo adestrador de Radomir Antic.

Por espazo de dúas tempadas ocupou ese posto, ata que en 1990 se fixo cargo do Deportivo Aragón, conxunto filial do equipo zaragocista. Esa mesma tempada, xa en 1991, substituíu a Ildo Maneiro como adestrador do Real Zaragoza, con tan só 30 anos de idade. Colleu ó equipo na xornada 25 situado na 12º posición de Primeira División e deixouno no posto 17º. Tivo que xogar a promoción contra o Murcia, pero finalmente o equipo salvou a categoría.

A tempada seguinte, 1991/1992, continuou a cargo do Real Zaragoza e empezouse a gañar un nome no fútbol nacional como o adestrador máis novo e con gran proxección, deixando ao equipo en 6º lugar. Ó ano seguinte foi 9º en Primeira División e quedou subcampión da Copa do Rei tras perder na final contra o Real Madrid por 2-0.

A súa confirmación definitiva chegaría na campaña 1993/1994, na que o Real Zaragoza fixo unha segunda volta espectacular e quedou 3º na clasificación, cun xogo que namorou a toda España. Ademais, gañou a Copa do Rei ante o Celta nos penaltis, tralo empate a cero. Así quitou a espiña do ano anterior e engadiu o primeiro título ó seu palmarés.

E na 1994/1995 logrou o título máis importante da historia do club: a Recopa de Europa. Derrotou na final ó Arsenal por 2-1, nun dos partidos máis emocionantes que se recordan.

Coméntase que tiña un gran equipo, pero o certo é que el xogou en papel fundamental para que aqueles xogadores marabillasen. Por exemplo, reconverteu a Gustavo Poyet, que era dianteiro, á posición de centrocampista, onde se converteu nun xogador clave. Tamén con el deron o seu máximo nivel futbolistas como Alberto Belsué, Santiago Aragón, Francisco Higuera ou Juan Eduardo Esnáider.

Con todo, a súa mala relación con algúns xogadores do persoal, como Andoni Cedrún ou Miguel Pardeza, afectou ó rendemento do equipo, e na 1995/1996 só puido quedar 13º en Liga, moi por baixo do nivel de anos anteriores. A costa abaixo definitiva chegou a campaña seguinte cando foi destituído o 7 de novembro de 1996, co equipo en postos de descenso.

A seguinte tempada comezou dirixindo ao Tenerife, onde só durou 10 xornadas e foi destituído o 9 de novembro de 1997, co equipo en 13º lugar.

Fíxose cargo do Celta para a campaña 1998/1999, onde volveu dar un gran rendemento, conseguindo sempre moi boas clasificacións, despregando un gran fútbol e convertíndose nun dos adestradores máis exitosos e queridos pola afección celeste. En 2000, deulle ao equipo galego a Copa Intertoto da UEFA, o seu primeiro título internacional. En Vigo, estivo ata o ano 2002, deixando ó equipo 5º e coa espiña de non poder disputar a Liga de Campións.

Despois asinou polo Betis, onde fixo dúas irregulares tempadas, sen lograr meter ó equipo en postos de clasificación para a Copa da UEFA.

Na 2004/2005 saíu por primeira vez a adestrar fóra de España facéndose cargo do O Porto, en Portugal, que viña de gañar a Liga de Campións a tempada anterior. Con todo, a metade de tempada foi cesado cando mantiña ó equipo en terceira posición.

A campaña 2005/2006 estivo inactivo (aínda que colaborou no Carrusel Deportivo da Cadea SER) e para a seguinte volveu ó Real Zaragoza, onde continúa na actualidade, como base para un proxecto do novo propietario do equipo: Agapito Igrexas. No ano do seu regreso conseguiu clasificar ó eqiupo para disputar a Copa da UEFA.

[editar] Clubs

Club Categoría Ano Posición
Deportivo Aragón Segunda División B 1990/1991 (-)
Real Zaragoza Primeira División 1990/1991 17º
Real Zaragoza Primeira División 1991/1992
Real Zaragoza Primeira División 1992/1993
Real Zaragoza Primeira División 1993/1994
Real Zaragoza Primeira División 1994/1995
Real Zaragoza Primeira División 1995/1996 13º
Real Zaragoza Primeira División 1996/1997 (-)
C.D. Tenerife Primeira División 1997/1998 (-)
R.C. Celta de Vigo Primeira División 1998/1999
R.C. Celta de Vigo Primeira División 1999/2000
R.C. Celta de Vigo Primeira División 2000/2001
R.C. Celta de Vigo Primeira División 2001/2002
Real Betis Primeira División 2002/2003
Real Betis Primeira División 2003/2004
F.C. Porto Primeira División 2004/2005 (-)
Real Zaragoza Primeira División 2006/2007

[editar] Títulos

[editar] Campionatos nacionais

Título Club País Ano
Copa do Rei Real Zaragoza España 1994
Supercopa FC Porto Portugal 2004

[editar] Copas internacionais

Título Club País Ano
Recopa Real Zaragoza España 1995
Copa Intertoto Celta España 2000
Copa Intercontinental FC Porto Portugal 2004


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -