See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Txomin Iturbe - Wikipedia

Txomin Iturbe

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Txomin Iturbe
Nome completo: Txomin Iturbe Abasolo
Alias: Txomin
Data de nacemento: 1943
Lugar de nacemento: Arrasate, País Vasco
Data de falecemento: 1987
Lugar de falecemento: Descoñecida, Alxeria
Organización: Euskadi Ta Askatasuna
(antes ETA militar)
Cargo (s): Dirixente de ETA-m
Profesión: Varios

Txomin Iturbe Abasolo (Arrasate, Guipúscoa, 1943- Alxeria, 1987) foi un dirixente de ETA.

Estudante nun colexio de freires, aprendiz na Unión Cerrajera, socio capitalista de una empresa de fabricación de tubaxes e porteiro da equipa de fútbol Unión Deportiva Aretxabaleta e despois da equipa da súa cidade natal. Da súa época de futbolista tomou a expresión aurrera bolie ("adiante a pelota") coa que asinaba os seus escritos cando xa era dirixente de ETA, organización na cal entrou de mozo, polo que parece antes de realizar o servizo militar.

En decembro de 1968 a Garda Civil descubriu unha cita clandestina de Txomin co seu compañeiro de ETA Unai Dorronsoro, que xa estaba fichado. Txomin logrou escapar da detención, pero o asunto lle descubriu como membro de ETA, o que supuxo o seu exilio ao País Vasco francés. Alí casou con outra fuxida, Maite Ormaetxea, coa que tería tres fillos. Foi, a carón de Argala, o núcleo da facción militar nas loitas internas que dividirían á organización en dúas: ETA militar e ETA político-militar. Foi detido pola policía francesa en diversas ocasións.

En xaneiro de 1975 foi obxecto dun intento de secuestro. En novembro do mesmo ano sufriu un atentado con bomba lapa do que saíu ileso, resultando ferido un dos seus fillos. En 1976 saíu ileso novamente dun ametrallamento, e foi ferido tres anos máis tarde nun atentado en Biarritz. A finais dos anos 70 Txomin foi designado por ETA como interlocutor preferente nunha hipotética negociación co goberno español. O primeiro contacto tivo ligar en París en 1984, durante o goberno de Felipe González. Pouco despois foi confinado na cidade de Tours, pero volveu á clandestinidade até que foi detido en 1986. Foi expulsado a Alxeria, logo dunha breve estadía en Libreville, a capital de Gabón.

En Alxer volveu a ser o principal interlocutor de ETA nun diálogo co goberno español que non tivo resultados. O 1 de marzo de 1987 fíxose pública a súa morte, sucedida uns días antes. De acordo coa administración de Alxeria e os seus propios compañeiros deportados, Txomin morreu nun accidente de tráfico. Porén, tense especulado coa posibilidade de que morrese dunha caída mentres realizaba exercicios nun campo de adestramento paramilitar. Foi enterrado na súa cidade natal.

Anos despois da súa morte tense dado nos xornais certa visión nostálxica da súa figura, considerada expoñente dunha militancia máis moderada ou idealista que fora abandonada en favor dunha liña máis dura ao facerse cargo da dirección de ETA o grupo chamado Artapalo.

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -