Alxer
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alxer é a capital e cidade máis importante de Alxeria. Situada a beira do Mar Mediterráneo na baía do seu nome no norte do país, é o principal porto do noroeste de Africa. No censo de 1998 contaba con 1.519.570 habitantes.
De fundación fenicia antiquísima, Icosium dos románs, foron os bérberes no 950 quen lle deron o seu aspecto actual, o da cidade alta ou Casbah que ascende por un outeiro coa configuración labiríntica habitual do urbanismo árabe. Posteriormente, a ocupación francesa a partir do século XIX estendeu unha cidade moderna de corte europeo na parte baixa en torno ao porto e a baía.