See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Trol (mitoloxía) - Wikipedia

Trol (mitoloxía)

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Trol.

O trol ou troll (mantendo a grafía do vocablo noruegués do que provén) é un horrendo ser orixinario da mitoloxía norueguesa, e que se estendeu á mitoloxía nórdica en xeral, pasando logo a formar parte do folklore escandinavo.

Índice

[editar] Os troles no folklore escandinavo

Segundo unha enciclopedia de 1908, os "troles son ananos da mitoloxía nórdica, que viven en montes ou montañas; represéntaselles como pequerrechos, deformes, e chepudos, con inclinación ó roubo, e afeccionados a levarse os nenos ou sustituir unha das súas crías por outra dunha nai humana. Chámanos o "pobo das montañas", e teñen especial aversión ó ruido, polo recordo da época na que Thor acostumaba a lanzarlles o seu martelo. En Suecia hai moitos lugares nomeados en honor ós trolls, como a vila Trollhättan ("Carapucha de Troll") e Trollkyrka.

Os troles, que adoitan amorear ouro, son unhas das criaturas máis frecuentes nos contos de fadas escandinavos, máis comúns incluso que os elfos, ananos, meigas ou xigantes. (Hai que dicir que nestes contos de fadas non hai unha distinción clara entre meigas e trolls femia, como tampouco entre trolls macho e xigantes). Aparecen descritos baixo calquera tamaño, podendo ser tan enormes como xigantes ou tan pequenos como ananos. Sen embargo, sempre se lles considera poseedores dunha pobre intelixencia (especialmente os machos, mentres que as femias ou trollkonor poden ser bastante maliciosas), un nariz grande, brazos longos, peludos e non demasiado agraciados (excepto algunhas femias). Nos contos de fadas escandinavos, os trolls xeralmente vólvense de pedra ó contacto coa luz solar. Esta debilidad compártena cos "Svartalfar" (elfos oscuros) e os ananos nórdicos.

Os troles viven no bosque e nas montañas, e ás veces raptan nenos obrigándoos a vivir con eles (especialmente princesas). De cando en vez, atrévense incluso a roubar un recén nado, deixando en troques un dos seus propios pequenos. Os nenos suecos máis novos cren a miúdo nos trolls, e unha maneira de ensinarlle ós nenos a cepillarse os dentes é dicirlles que é para desfacerse duns "dentes de troll" moi pequeniños, porque senón lles farán buracos nos dentes.

Nos contos das illas Shetland e Órcadas, os troles denomínanse Trowe, que é unha variante escocesa do trol nórdico.

[editar] Os troles en América

Os troles foron popularizados fóra dos países escandinavos por J.R.R. Tolkien. Nos EEUU e Canadá, a antiga crenza nos trolls é paralela a unha crenza moderna no Bigfoot e o Sasquatch. Moitas estatuas de trolls adornan centro da zona dos negocios de Mount Horeb, Wisconsin, cidade que destaca por levar o mote de A Capital do Troll. Tamén hai un barrio no noreste de Fargo, Dakota do Norte que se chama Trollwood.

Na mini-serie de TV The 10th Kingdom ('O Décimo Reino'), os trolls son a raza dominante do 3º reino, e teñen grandes e puntiagudas orellas e narices, pelo crecho, pouca intelixencia e adoración polos zapatos e o coiro.

[editar] Os troles e os Neandertal

Hai unha teoría según a que os trolls son un recordo lonxano do encontro do home moderno co Homo neanderthalensis ou Neanderthal. Algúns sosteñen tamén que os Neanderthais quizáis viviron efectivamente en tempos históricos, e deben ser recordados como trolls.

[editar] Os troles na música

Edvard Grieg, o meirande compositor de Noruega, escribiu varias piezas sobre os Trolls. No Salón da Montaña do Rei, e a Marcha dos Trolls, son dous exemplos do tema. Polo que toca as súas motivacións, Grieg escribiu: "O extraño da vida foi o que o que me volveu salvaxe e tolo...o poder do anano e a furia indomable...audaz e singular fantasía." A antiga casa de Grieg, en Troldhaugen (que significa "A Colina do Troll"), é actualmente un museo.

Como Grieg, o director de orquestra Johan Halvorsen foi un compositor noruego nacionalista. Escribiu, A Princesa e o Troll Xigante, Os Trolls entran na Montaña Azul, e Danza dos Pequenos Trolls.

Geirr Tveitt foi fortemente influenciado polo romanticismo de Grieg e a exploración cultural do folklore escandinavo, así como a música popular noruega. Os Troll Tunes de Tveitt, incluen traballos como a Troll-Tuned Hardanger Fiddle, e The Boy With The Troll-Treasure. Desgrazaadamente, o 80% da obra de Tveitt foi destruida nun incendio.

[editar] Os bonecos Troll

Unha variante dos trolls moito máis inofensiva son os bonequiños troll, unha especie de boneco de xoguete que fixo furor trala súa creación en 1959 polo leñador danés Thomas Dam. Esta moda convertiuse nun revival a principios-mediados dos 1970, a través dos moitos condutores que colgaban os bonequiños troll de plástico dos seus parabrisas dianteiros ou dos retrovisores. A pesares de que conservaban a lexendaria fealdade dos trolls, os bonecos troll eran tamén unha cucada adorable, según algúns gustos. Hai xente que os colecciona, hainos de moitas cores e estilos, e teñen o pelo pintado de cores rechamantes levantándose crecho na cabeza.

[editar] Véxase tamén


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -