Tratado de Madrid (1526)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Tratado de Madrid foi un tratado asinado por España e Francia o 14 de xaneiro de 1526. Leva o nome da cidade na que foi asinado, onde se atopaba preso o rei de Francia, Francisco I dende a súa derrota na batalla de Pavía.
[editar] Términos do Tratado
- Francia renuncia ás súas aspiracións políticas sobre Borgoña, Artois, Tournai, Flandes e o norte de Italia.
- Francisco I de Francia comprometeríase a casarse coa irmá do rei español, Leonor.
- Dous dos fillos de Francisco vivirían en España como garantía do cumprimento do tratado.
[editar] Resolución do Tratado
Francisco I ó chegar a Francia denunciou o Tratado por consideralo asinado baixo coacción, xa que era refén do rei Carlos.