Tintín e os 'pícaros'
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tintín e os 'pícaros' (Tintin et les Picaros) é o vixésimo terceiro e último dos álbums de As aventuras de Tintín publicados polo seu autor (Hergé).
O álbum apareceu en 1976 tras 8 anos de preparación desde a publicación do anterior volume (Voo 714 para Sidney). Nese ano traduciuse á maioría dos idiomas nos que pode atoparse, sendo a última tradución a edición grega, acabada en 1993.
[editar] Argumento
Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama ou do argumento.
A historia comeza con Tintín chegando a Moulinsart onde é informado polo Capitán Haddock que Bianca Castafiore iniciou unha xira por San Theodoros (A orella rota), o país do derrocado Xeneral Alcázar. Ao día seguinte Tintín, Haddock e o profesor Tornasol decátanse que Bianca Castafiore, a súa serventa Irma, o seu pianista Wagner e os detectives Hernández e Fernández foron arrestados baixo acusacións de conspiración para derrotar ao xeneral Tapioca (ditador gobernante de quenda de San Theodoros), e eles tres (Tintín, o capitán e Tornasol) son acusados de planear a operación.
Tintín, Haddock e Tornasol viaxan a San Theodoros para reunirse co xeneral Tapioca quen os reten sen facelos prisioneiros. Durante o curso dunha visita turística a unha pirámide azteca, organizada co fin de que Tintín sexa «rescatado» polo xeneral Alcázar, son vítimas dunha traizón de Pablo (A orella rota) quen intenta axudar aos tapioquistas a que supriman aos catro amigos. Tintín dáse conta desta treta e consegue lograr que todos saian con vida tras o cal diríxense ao campamento dos guerrilleiros Pícaros comandados polo xeneral Alcázar.
Unha vez no campamento de Alcázar e os seus guerrilleiros os Pícaros, quedan patentes as poucas posibilidades de éxito do golpe de estado que pretende levar a cabo o xeneral Alcázar, debido a que os seus soldados atópanse permanentemente bébedos (debido ás caixas de whisky que lles lanzan os avións do xeneral Tapioca). Tintín logra convencer ao xeral Alcázar para que realice unha revolución sen derramamento de sangue e a cambio el encargarase de evitar que os seus homes se emborrachen. Usando un novo invento do profesor Tornasol que produce intolerancia ao alcol (e que foi probado polo Capitán Haddock sen que el soubéseo) logran que os homes de Alcázar non poidan probar o alcol.
Cando planean o golpe, aparece un autocar perdido de artistas belgas (os Alegres Turlurones) dirixidos por Serafín Latón para participar nos festexos de Tapiocápolis. Usando os mesmos disfraces do grupo de artistas logran entrar na capital e tomar o poder. Descóbrese que o cerebro detrás da mentira é o coronel Sponz (O asunto Tornasol). Modelo:Endspoiler
[editar] Curiosidades
- É interesante notar que este álbum estivo en certa forma baseado no asunto de Regis Debray e os Tupamaros, ocorrido en Uruguai.
- O profesor Tornasol chama a Tintin: Tintan.
- O título que Hergé tiña orixinalmente pensado para el era o de Tintín e os bigotudos.
- Neste álbum prodúcese o maior cambio en Tintín: cambia os seus típicos pantalóns bombachos por texanos, practica ioga e aparece cun casco cun signo hippie.
- No álbum aparece a muller do xeral Alcázar: Peggy.
- É este o único álbum no que se coñece o nome completo do capitán, Archibald Haddock