See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Thomas Alva Edison - Wikipedia

Thomas Alva Edison

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Thomas Alva Edison
Thomas Alva Edison

Thomas Alva Edison (Milan, (Ohio), 11 de febreiro de 1847, - West Orange, 18 de outubro de 1931), foi un inventor e empresario estadounidense que desenvolveu moitos dispositivos importantes. The Wizard of Menlo Park, como era coñecido, foi un dos primeiros inventores en aplicar os principios da produción maciza ao proceso da invención. Entre as súas contribucións atópanse a lámpada eléctrica incandescente (mediante un sistema de filamento que aínda é utilizado actualmente), o gramófono, o cinetoscopio, o ditáfono e o micrófono de gránulos de carbón para o teléfono, Edison é un dos precursores da tecnoloxía do século XX. Moitos o consideran o maior inventor de todos os tempos e tivo o seu cociente intelectual estimado en cerca de 240. Atribúenselle máis de 1.300 patentes, das cales varias centenas son de feito da súa propia autoría.

Thomas A. Edison desde pequeno demostrou poder de observación e curiosidade. En 1854 a familia mudouse para Port Huron, Michigan. No soto da casa Edison instalou un laboratorio de química, onde realizaba experiencias. Aprendeu o código Morse e comezou a construír telégrafos artesanais.

O fonógrafo de Edison
O fonógrafo de Edison

Traballou como vendedor de libros e telegrafista. En 1868 patentou o seu primeiro invento, que foi un contador automático de votos. Dous anos despois fundou a súa empresa en Newark, Nova Jersey. Inventou un equipamento electromecánico que transmitía telegraficamente as evolucións da bolsa de valores, que lle aportou grandes beneficios económicos. Despois produciu moitos inventos que non tiveron gran resultado comercial.

Despois dalgún tempo, Edison inventou un dos seus dispositivos, un aparello que axilizaba as transmisións en código morse. Era unha pena eléctrica que simplificaba a duplicación en mimógrafo. O micrófono de carbón, outro invento, proporcionou as transmisións telefónicas. Mudándose para Menlo Park, Nova York, diversificou as súas investigacións, abordando as máis diversas tecnoloxías, iniciando as investigacións en telefonía, perfeccionou o fonógrafo, e creou a primeira lámpada incandescente con filamento de carbón. Xa cun gran equipo de profesionais, construíu o primeiro dínamo de alta potencia e patentou moitas invencións, destacando o xerador de alto vacuo para a fabricación de lámpadas, o medidor de consumo eléctrico ou o regulador de corrente para máquina de solda eléctrica.

Mimeógrafo, máquina de escribir da súa invención
Mimeógrafo, máquina de escribir da súa invención

En outubro de 1879 a Edison Eletric Light Company era unha potencia económica dominando a xeración de electricidade nos Estados Unidos. Porén, o seu creador continuou coa súa produción de inventos. Nesta época patentou a lámpada incandescente de filamento fino de carbón a alto vacuo. O produto, debido á nova tecnoloxía, tivo un aumento substancial da súa vida útil. En 1883, despois de ter descuberto o efecto Édison, patentou o primeiro dispositivo termoiónico, un díodo termoiónico ou válvula de Edison, que foi precursora da válvula de radio, ou válvula termoiónica.

En 1888 fundouse a Edison General Eletric, iniciando un dos maiores conglomerados industriais do planeta, fabricando tódolos tipos de dispositivos eléctricos, como xeradores, motores ou xigantescas válvulas solenoides. A empresa transformouse nun dos maiores fabricantes multinacionais.
Durante a Primeira Guerra Mundial, a General Eletric entrou no campo da metalurxia naval producindo xigantescas máquinas e equipamentos que viñeron a incorporar os novos navíos que estaban sendo producidos nos máis diversos estaleiros dos Estados Unidos. A GE entrou tamén no ramo da industria química perfeccionando os métodos de fabricación de novos produtos e substancias.

Edison está considerado un dos inventores máis prolíficos do seu tempo, rexistrando 1.093 patentes co seu nome. A maioría desas invencións non eran completamente orixinais, senón mellorías máis adiantadas de patentes anteriores, e foron feitas realmente polos seus numerosos empregados. Edison foi frecuentemente criticado por non repartir os seus beneficios.

Wikiquote logo
A Galicitas posúe citas sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -