Theodore Sturgeon
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Theodore Sturgeon, de nome verdadeiro Edward Waldo, naceu o 26 de febreiro de 1918 e morreu o 8 de maio de 1985. É un escritor norteamericano do xénero fantástico e de ciencia ficción. Máis que o seu estilo, é o ambiente e os temas abordados nos seus escritos o que fan deste autor un caso particular no universo da CF e do fantástico, pódese falar dun universo sturgenoniano.
Índice |
[editar] Biografía
Theodore Sturgeon naceu en Staten Island, Nova York, os seus pais divorciáronse en 1927, cando Theodore tiña nove anos, a súa nai volve casar en 1929 cun profesor de orixe escocesa, William Dicky Sturgeon, quen lle obrigou a cambiar de nome e apelido Edward Hamilton Waldo chamarase desde entón Theodore Hamilton Sturgeon. Casou cinco veces, as súas esposas foron por orde: Dorothy Fillingame (1940/1945), Mary Mair (1949/1951), Marion McGahan (1951/1965), Wina Bonnie Golden (1969/1976) e Jayne Tannahill (1976/ata a morte de Sturgeon). Tivo en total sete fillos.
En 1938 apareceu o seu primeiro relato no xornal McClure's Syndicate , e ao ano seguinte publicou o seu primeiro relato do xénero fantástico, e así seguíu escribindo numerosos relatos destinados a revistas de ciencia ficción como Astounding Science Fiction e Unknown. Tamén escribiu, en tanto que negro, un episodio das aventuras do detective Ellery Queen, The Player on the Other Side (Random House, 1963).
A maioría das obras de Sturgeon teñen un aire poético e mesmo elexíaco, utilizou nos seus escritos a técnica da prosa rítmica que debía asegurar á unha escrita unha certa regularidade métrica e permitíalle proceder a tenues cambios de atmosfera que escapan á conciencia do lector.
Theodore Sturgeon tamén escribiu guións de algúns episodios de Star Trek : Shore Leave (1966) e Amok Time (1967), este último coñécese por inventar o Pon farr, o ritual sexual dos vulcain. Sturgeon escribiu máis guións para a serie que non se filmaron endexamais.
Aínda que non foi un autor popular, influíu en autores da ciencia ficción máis coñecidos como Ray Bradbury e Kurt Vonnegut.
[editar] Obras
[editar] Novelas
- The Dreaming Jewels (1950), publicada tamén como The Synthetic Man
- More Than Human (1953)
- The King and Four Queens (1956, Oeste) (unha novelización do filme dese nome)
- I, Libertine (1956)
- The Cosmic Rape (1958)
- Venus Plus X (1960)
- Some of Your Blood (1961)
- Voyage to the Bottom of the Sea (novelización do filme dese nome ) (1961)
- The Player on The Other Side (1963) (publicado como autoría de Ellery Queen)
- The Rare Breed (1966, Oeste) (novelización do filme dese nome )
- Godbody (1986)
[editar] Coleccións de relatos
- Caviar (1955). Inclúe:- Bright Segment; Microcosmic God; Ghost of a Chance; Prodigy; Medusa; Blabbermouth; Shadow, Shadow on the Wall; Twink.
- A Touch of Strange (1958). Inclúe:- The Pod in the Barrier; A Crime For Llewellyn; The Touch of Your Hand; Affair With A Green Monkey; The Girl Had Guts; The Other Celia; It Opens the Sky; A Touch of Strange.
- E Pluribus Unicorn (1959). Inclúe:- The Silken-Swift; The Professor's Teddy-Bear; Bianca's Hands; A Saucer of Loneliness; The World Well Lost; It Wasn't Syzygy; The Music; Scars; Fluffy; The Sex Opposite; Die, Maestro, Die!; Cellmate; A Way of Thinking.
- Not Without Sorcery (1948). Inclúe:- The Ultimate Egoist; It; Poker Face; Shottle Bop; Artnan Process; Memorial; Ether Breather; Butyl and the Breather; Brat; Two Percent Inspiration; Cargo; Maturity; Microcosmic God.
- Starshine (1968). Inclúe:- "Derm Fool"; The Haunt; Artnan Process; The World Well Lost; The Pod and the Barrier; How to Kill Aunty.
- Sturgeon in Orbit (1970). Inclúe:- Extrapolation; The Wages of Synergy; Make Room For Me; The Heart; The Incubi of Parallel X.
- Sturgeon Is Alive and Well... (1971). Inclúe:- To Here and the Easel; Slow Sculpture; It's You!; Take Care Of Joey; Crate; The Girl Who Knew What They Meant; Jorry's Gap; It Was Nothing--Really!; Brownshoes; Uncle Fremmis; The Patterns Of Dorne; Suicide.
- The Worlds of Theodore Sturgeon (1972). Inclúe:- The Skills of Xanadu; There is No Defense; The Perfect Host; The Graveyard Reader; The Other Man; The Sky Was Full of Ships; Shottle Bop, Maturity; Memorial.
- To Here and the Easel (1973). Inclúe:- To Here and the Easel; The Skills of Xanadu; There is No Defence; The Perfect Host; The Graveyard Reader; Shottle Bop.
- Case and the Dreamer (1974). Inclúe:- Case and the Dreamer; If all men were brothers, would you let one marry your sister?; When you care, when you love.
[editar] Relatos
- "Ether Breather" (Setembro 1939)
- "Derm Fool" (Marzo 1940)
- "It" (Agosto 1940)
- "Microcosmic God" (Abril 1941)
- "Yesterday Was Monday" (1941)
- "Killdozer!" (Novembro, 1944)
- "Bianca's Hands" (Maio, 1947)
- "Thunder and Roses" (Novembro 1947)
- "The Perfect Host" (Novembro 1948)
- "Minority Report" (xuño 1949)
- "One Foot and the Grave" (Setembro 1949)
- "A Saucer of Loneliness" (Febreiro 1953)
- "The World Well Lost" (Xuño 1953)
- "Mr. Costello, Hero" (Decembro 1953)
- "The Skills of Xanadu" (Xullo 1956)
- "The Other Man" (Setembro 1956)
- "Need" (1960)
- "How to Forget Baseball" (Sports Illustrated, Decembro 1964)
- "The Nail and the Oracle" (Playboy, Outubro 1964)
- "Slow Sculpture" (Galaxy, Febreiro 1970)
- "Occam's Scalpel" (Agosto, 1971, limiar de Terry Carr)
- "Vengeance Is" (1980, Dark Forces escolma editada por Kirby McCauley)
- "If All Men Were Brothers, Would You Let One Marry Your Sister?" (1967, Dangerous Visions escolma editada por Harlan Ellison)
- "The Man Who Learned Loving" —
- "The Widget, The Wadget, and Boff" (1955)