Theo van Boven
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Theo van Boven (Países Baixos, 1934) é profesor de dereito internacional pola Universidade de Maastricht e, dende 2001, comisionado especial das Nacións Unidas contra a tortura. Asimesmo, foi director da división de Dereitos Humanos da ONU.
[editar] Informes sobor a tortura en España
Os informes de Theo van Boven sobor a tortura en España son dous informes publicados polo comisionado especial da Organización das Nacións Unidas contra a tortura. Un deles ten carácter específico para España e outro un carácter máis xeral.
Theo van Boven foi enviado especial da ONU para España, debido á preocupación mostrada pola Organización ante a gran dicotomía que existía entre a posición manifestada polo goberno español e un abundante número de denuncias de tortura no país. Por este motivo, realizou unha visita a España do 5 ó 10 de outubro de 2003, durante a cal realizou varios viaxes a Euskadi e a Madrid. Conseguintemente, publicou un informe o 6 de febreiro de 2004. Expresou o seguinte no resumo do seu informe: que a tortura ou os malos tratos non son sistemáticos en España, pero que, na práctica, o sistema permite a ocorrencia de tortura ou malos tratos, en particular no caso de persoas detidas en réxime de incomunicación por actividades terroristas. Debido a isto ultimo, deu varios consellos para conseguir que as autoridades conseguiran maior credibilidade.
Despois do 1 de setembro de 2004, fixo outro informe sobre tortura e malos tratos; este informe, a diferencia do anterior, non versaba só sobre España. Neste segundo informe, concluiu que a tortura non é práctica sistemática, pero que dábanse numerosos casos debido a que as medidas de seguridade non eran do todo eficentes.