Terra Galega
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Terra Galega | |
Partido político | Terra Galega |
Ano fundación | 2005 |
Ideoloxía | Nacionalismo galego, Centro-progresista |
Ideoloxía respecto a Europa | |
Membro de | |
Ámbito | Galiza |
Sede central | Rúa Romero Donallo, Nº36 baixo Compostela |
Presidente | Pablo Padín Sánchez |
Web do partido | www.terragalega.es |
Terra Galega (Tega) é unha coalición de partidos políticos de centro nacionalista que se formou o 4 de novembro de 2005, aínda que está rexistrada dende maio dese ano.
Fórmana o Centro Democrático Independiente (CDI), Iniciativa Galega, Coalición Galega, Unidade por Narón e algunhas outras pequenas forzas locais que suman 4 alcaldes e 64 concelleiros en 32 concellos galegos.
Celebrou o Congreso Constituinte o 20 de maio de 2006 coa participación de 500 compromisarios que elixiron a Pablo Padín, ex-conselleiro de sanidade, como presidente e a Xoán Gato, alcalde de Narón, como coordinador xeral. Guillermo Sánchez Fojo Como Vice-Coordinador Zona Norte, Xosé Luis Vilas Martín, Como Vice-Coordinador Zona Sur, Marian Ferreiro Díaz Como Coordinadora Nacional da Mocedade. As xuventudes do partido reciben o nome de Mocedade de Terra Galega.
En outubro de 2006 Unión Ourensana integrouse na coalición e tamén 6 dos doce concelleiros do Partido Popular de Galicia en Arteixo. Nas eleccións municipais de 2007 presentou 63 candidaturas, sobre todo na provincia da Coruña, e acadou 66 concelleiros.