Taumatawhakatangihangakoauauotamateaturipukakapikimaungahoronukupokaiwhenuakitanatahu
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Taumatawhakatangihangakoauauotamateaturipukakapikimaungahoronukupokaiwhenuakitanatahu ou Taumatawhakatangihangakoauauotamateapokaiwhenuakitanatahu (abreviado coloquialmente en Taumata) é un outeiro de Nova Celandia de 305 metros, situado preto da aldea de Porangahau, ao sur da Baía de Hawke.
A tradución do topónimo maorí, un dos máis longos do mundo, é: O cumio do outeiro, onde Tamatea, o home cos xeonllos grandes, coñecido como o comedor de terra, baixou, subiu e enguliu as montañas, mentres tocaba a frauta para a súa amada.