Tarahumara
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tarahumara designa un pobo nativo de México asentado en territorio do estado de Chihuahua. Eles chámanse a si mesmos rarámuri. Tarahumara tamén é o nome da lingua falada por este pobo mexicano. Por corrupcions da lingua os españois chamáronlles tarahumaras, que non é máis que unha castelanización da palabra tarámuri. E segundo o historiador Luis González, rarámuri etimoloxicamente significa "planta corredoira" e que nun sentido máis amplo quer dicir "os dos pés lixeiros", aludindo a tradición máis antiga desta cultura: o feito de correr.