Talía (Musa)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Na mitoloxía grega, Talía (en grego antigo Θάλεια Tháleia, do verbo θάλλεω thálleô, 'florecer') é o nome de tres personaxes diferentes.
Índice |
[editar] A Musa
Talía era a musa da comedia e da poesía bucólica ou pastoril. Era unha divindade de carácter rural, e representábase xeralmente como unha moza risueña, de aspecto vivaracho e mirada burlona, levando nas súas mans unha máscara cómica e un caiado de pastor, unha coroa de hedra na cabeza como símbolo da inmortalidade e calzada de borceguíé ou sandalias.
Talía era filla de Zeus e Mnemósine e a oitava Musa por orde de nacemento. Foi nai con Apolo dos Coribantes.
[editar] A Cárite
Talía era a maior das tres Cárites ou Grazas. Presidía sobre os banquetes e demais festividades, outorgando os dons da abundancia e a fertilidade. Era filla de Zeus e de Eurínome ou Eunomia.
Nas representacións artísticas distínguese por ser a única das tres que leva flores na cabeza ou enredaderas nas súas roupaxes. Noutras obras aparece completamente vestida, en comparación coas súas outras dúas irmás, que aparece semidesnuda (Eufrósine) e completamente espida Áglae.
[editar] A ninfa
Talía era unha filla de Hefesto, a ninfa do monte Etna en Sicilia. Tras ser embarazada por Zeus, ocultouse baixo a terra por medo a Hera. Tivo dous fillos, os Palicos.
[editar] Véxase tamén
- Musas
- Cárites