See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Suleiman I - Wikipedia

Suleiman I

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Suleiman de novo
Suleiman de novo

Suleiman I (Otomán: سليمان Sulaymān, Turco: Süleyman) (6 de novembro de 14946 de setembro de 1566), foi sultán do Imperio Otomán (1520-1566), coñecido como Suleiman o Magnífico en Occidente e Suleiman o Lexislador no mundo islámico. Durante o seu reinado o Imperio Otomán acadou o máximo prestixio e esplendor, adaptou as institucións ás necesidades do seu vasto imperio, reafirmou a súa autoridade militar tanto en Oriente como en Occidente que estendeu o seu dominio dende a fronteira con Austria ao Golfo Pérsico e dende o mar Negro a Marrocos. Tamén o reinado de Suleiman tamén se destacou pola intensa actividade cultural que se desenvolveu no seu Imperio, unha auténtica idade de ouro.

Accedeu ao trono á morte do seu pai, Selim I, tiña vinte e cinco anos e xa ten que enfrontarse a unha revolta do gobernador de Damasco. En 1521 atacou Hungría e conquistou Belgrado e virou os seus ollos cara o Mediterráneo, concretamente á illa de Rodas en poder dos Cabaleiros da Orde de San Xoán, e que constituía un obstáculo para as comunicacións dos otománs no Mediterráneo oriental, tras un sitio de seis meses Rodas capitulou e os cabaleiros marcharon cara Malta. En 1526 Suleiman principia unha nova campaña contra Hungría, vencendo ao rei Luís II de Hungría en Mohács que resulta morto, Hungría divídese, o norte queda para Fernando I de Habsburgo e o resto converteuse nun estado vasalo do Imperio Otomán, aínda que Fernando reconquistou o centro de Hungría polo que Suleiman iniciou unha nova campaña para expulsalo, conquistando Buda e poñendo mesmo cerco a Viena (1529) que levantou ás tres semanas pero que levou o temor ás cortes europeas, o cerco repetiuno tamén sen éxito en 1532, devastando amplas zonas de Austria e Hungría. No Mediterráneo Suleiman apoiouse en Barbarroxa para loitar polo seu control contra os españois.

En Asia o gobernador de Bitlis sublevárase poñéndose baixo a protección do sha Tahmasp I, Suleiman iniciou unha nova campaña, desta vez contra o sha en 1533, ocupou Tabriz e Bagdad, o que supuña o control sobre boa parte da rota da seda e da rota comercial á India.

En 1540 morre o rei vasalo de Hungría, Xoán Zápolya e inmediatamente Fernando ataca Buda, Suleiman rexeitou o ataque e volveu conquistar a cidade e o centro de Hungría. Suleiman consolida as súas conquistas asinando unha serie de tratados de paz cos seus veciños, en 1540 con Venecia, en 1547 con Carlos I de España, mantendo boas relacións con Francia e en 1559 asina un tratado de paz co sha de Irán. Morreu en 1566 nunha campaña contra o emperador Maximiliano II.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -