Stone Gossard
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Stone Carpenter Gossard (nacido o 20 de xullo de 1966 en Seattle, Washington) é o guitarrista rítmico e membro fundador da banda de rock Pearl Jam.
Stone é coñecido polo seu traballo en bandas de grunge basadas en Seattle durante os anos 80 previas a Pearl Jam e ten feito importantes contribucións á industria musical dende entón.
[editar] Biografía
[editar] Primeiras bandas
Stone formou a súa primeira banda, March of Crimes, a principios da década dos 80, coa cal se introduciu na emerxente escena musical de Seattle. Stone estableceu unha forte amizade co guitarrista Steve Turner, o cal ía á súa mesma escola. Stone foi membro fundador de bandas tan influíntes no grunge como Green River e Mother Love Bone (onde tamén estaba Jeff Ament, que tamén formaría parte de Pearl Jam). Despois da morte do cantante Andrew Wood e da disolución de Mother Love Bone, as súas novas cancións e demos convertéronse en significantes contribucións ao proxecto Temple of the Dog, e á formación de Pearl Jam en 1990.
[editar] Pearl Jam
Na fundación de Pearl Jam as composicións de Gossard foron a base das primeiras cancións da banda. Oito das once cancións de Ten, o álbum de estrea de Pearl Jam eran músicas escritas por Gossard, incluídas "Alive", "Even Flow" e "Black". Dende entón el só ven facendo contribucións no traballo da banda, a pesares de é unha parte importante á hora de colaborar nos temas. El foi o compositor dalgúns dos máis recentes hits da banda, como "Do the Evolution" en 1998 e "Life Wasted" en 2006.
As súas principais influencias son Led Zeppelin, Kiss e Jimi Hendrix, así como tamén o funk e o rap.
Pearl Jam |
Membros |
---|
Jeff Ament - Stone Gossard - Mike McCready - Eddie Vedder - Matt Cameron |
Boom Gaspar - Dave Krusen - Matt Chamberlain - Dave Abbruzzese - Jack Irons |
Discografía |
Álbumes: Ten - Vs - Vitalogy - No Code - Yield - Binaural - Riot Act - Pearl Jam |
Directos e recopilatorios: Live on Two Legs - Lost Dogs - Live at Benaroya Hall - Rearviewmirror: Greatest Hits 1991-2003 - Live in NYC 12/31/92 - Live at Easy Street |