Starcraft
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
StarCraft é un xogo de estratexia en tempo real creado por Blizzard Entertainment. Lanzouse para o sistema operativo de Microsoft, Windows, en 1998. Tamén existen versións para outras plataformas coma Mac e Nintendo 64, con peor acollida que o de compatibles. Este xogo é considerado o culmen do xénero, por enriba de grandes clásicos dentro da estratexia en tempo real coma o Age of Empires ou Warcraft 3.
Atópase ambientado nunha historia futurista de ciencia ficción con gráficos 2D en perspectiva isométrica, na que tres razas naturais de distinto planetas, os Terran, Zerg e Protoss; loitan pola supremacía e a supervivencia.