Sodalita
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sodalita | |
---|---|
Sodalita masiva | |
Fórmula química: | Na8(AlSiO4)6Cl2 |
Clase: | Silicatos |
Subclase: | Tectosilicatos |
Sistema cristalino: | Cúbico |
Cor: | Incolora, negra, azul |
Brillo: | De vítreo a graso |
Dureza: | 5,5-6 |
Fractura: | Concoidea |
Exfoliación: | Imperfecta |
Raia: | Branca |
Densidade: | 2,3 g/cm3 |
A sodalita é un mineral da clase dos silicatos cuxa fórmula química é Na8(AlSiO4)6Cl2 (25,5% de Na2O, 31,5% de Al2O, 37,5% de SiO2 e 5,5% de cloro).
Índice |
[editar] Aspecto
A sodalita preséntase normalmente de forma masiva, amorfa e granulada aínda que non é raro atopar cristais cúbicos dunha maior transparencia e pureza. É de cor azul e negra, aínda que pode aparecer tamén incolora.
[editar] Variedades da sodalita
Existen dous tipos de sodalitas:
[editar] Lugares onde se atopa
Aparece en rochas pobres en sílice coma as sienitas e os basaltos.
[editar] Usos da sodalita
Descuberta en 1806 en Grenlandia, a sodalita non se utilizou coma material ornamental de importancia ata 1891 cando grandes xacementos de calidade foron atopados en Ontario (Canadá). Dende entón coñécese co sobrenome de princesa azul despois de que a Princesa Patricia, de visita en Ontario pouco tempo despois do seu descubrimento, elixise a sodalita para a decoración interior do Marlborough House en Inglaterra.
[editar] Propiedades
A sodalita presenta efervescencia ó contacto con ácido clorhídrico.
[editar] Outros silicatos
Outros silicatos a destacar son o cuarzo, a mica, o feldespato e a olivina.