Senderos de traición
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Senderos de traición | |
---|---|
LP de Héroes del Silencio | |
{{{imaxe}}} {{{lenda}}}{{{caption}}} |
|
Data de Publicación | 1990 |
Textos | |
Música | |
Xénero(s) | Rock & Roll, Hard Rock |
Estudos de Gravación | Kirios (Madrid) |
Producción | Phil Manzanera |
Selo(s) discográfico(s) | EMI |
Deseño artístico | {{{Deseño artístico}}} |
Web oficial | www.heroesdelsilencio.es |
Senderos de traición é o segundo álbum de estudio do grupo de Rock español Héroes del Silencio, publicado no 1990.
Foi gravado nos estudios Kirios, (Madrid) baixo a produción de Phil Manzanera para Sound & Management (Zurich, Suiza), sendo o enxeñeiro de son e misturas Keith Bessey. Foi misturado en Metropolis Studios (Londres, Inglaterra).
Moitas das cancións que aparecen neste disco xa as viñan a tocar na súa xira anterior; "Entre dos tierras" era xa un tema que non debía faltar no repertorio da banda.
O grupo considerou este o mellor disco da súa carreira, e onde a crítica comezou a apoiarlles máis. Era un disco completamente introspectivo e moi acorde á época, facendo unha fusión de sons entre o Rock Gótico, o Pop, e o Hard Rock. As maiores influencias serían The Mission e New Model Army.
Trátase dun disco onde non se preocuparon moito pola composición dos temas, só a darlles un arranxo ás composicións, varias cancións xa estaban presentes e coma se menciona con anterioridade, xa se tocaban nas súas presentacións.
As letras comezan a seren máis fondas, aquí explótanse máis a fondo os sentimentos, a ira, a frustracion, a tristura, a melancolia; e os efectos causados polas drogas amósanse de maneira explícita, coma o é o tema "Hechizo".
Todos estes sentimientos e sensacións fanse presentes en tódalas cancións, "Entre dos tierras", "Maldito duende", "La carta", "Malas intenciones", "Oración", "Despertar", "Con nombre de guerra".
Foi o seu primeiro número un en España e o primeiro álbum que entrou nas listas de vendas en Alemaña.
[editar] Contido
[editar] Lista de cancións
Senderos de traición | |||
---|---|---|---|
Nº | Título | Duración | |
01 | "Entre dos tierras" | 06:04 | |
02 | "Maldito duende" | 04:14 | |
03 | "La carta" | 03:05 | |
04 | "Malas intenciones" | 03:46 | |
05 | "Sal" | 00:17 | |
06 | "Senda" | 03:50 | |
07 | "Hechizo" | 04:37 | |
08 | "Oración" | 04:06 | |
09 | "Despertar" | 02:49 | |
10 | "Decadencia" | 04:15 | |
11 | "Con nombre de guerra" | 04:18 | |
12 | "El cuadro II" | 04:02 |
Héroes del Silencio |
Enrique Bunbury | Juan Valdivia | Joaquín Cardiel | Pedro Andreu |
Alan Boguslavski | Gonzalo Valdivia |
Discografía |
---|
Álbums: El mar no cesa | Senderos de traición | El espíritu del vino | Avalancha |
EPs: Héroe de leyenda | En directo | Senda '91 |
Directos: Parasiempre | El ruido y la furia | Tour 2007 |