Segundo Blanco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Segundo Blanco González (Xixón, 1899 - México, 1957) foi un anarquista asturiano.
Mestre Nacional de profesión, na súa mocidade exerceu múltiples labores pola súa persecución política. Entre outros traballos fixo de mestre aparellador, actividade que alternou cos estudios nocturnos. Encargouse durante a ditadura de Primo de Rivera de manter a estructura da CNT en Asturias, chegando a ocupar o cargo de Secretario Xeral do sindicato en 1926. Ese mesmo ano ingresou en prisión, a onde volvería en 1931 e 1934.
Ó inicio da Guerra Civil Española presidiu o Comité de Guerra de Xixón, ocupándose posteriormente da Consellería de Industria no Consello Interprovincial de Asturias e León, e formou parte da Comisión de Guerra unha vez que este se transformou no Consello Soberano de Asturias e León.
Trala caída da fronte norte fuxiu a Francia e pasou a Cataluña. Foie Secretario de Defensa no Comité Nacional da CNT, e en abril de 1938 formou parte do goberno de Juan Negrín ocupando a carteira de Instrucción e Sanidade Pública. Trala guerra exiliouse na cidade francesa de Orleans e logo marchou a México, onde morreu en 1957.
Predecesor: Avelino González Mallada |
Secretario Xeral da CNT 1926 - 1926 |
Sucesor: Joan Peiró |
[editar] Ligazóns externas
- Fonte consultada para facer este artigo (en castelán)