San Salvador
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Salvador é a capital política e económica da república de O Salvador, ademais da Sede do Goberno Central e a sede do Arcibispado. San Salvador é a cidade máis poboada do país e a segunda cidade máis grande de América Central, con 2.224.223 habitantes censados no ano 2006. A cidade foi nomeada en honor a Xesucristo, baixo o titulo do "Divino Salvador do Mundo". Xeograficamente, San Salvador está ubicada no "Val das Hamacas", chamado así polo gran número de sismos que nel se producen.
[editar] Datos Xerais
Ten unha poboación de 2,224,223 habitantes no Gran San Salvador, que comprende o municipio de San Salvador e a súa área metropolitana. Conformada por outros 13 municipios que conforman unha unidade administrativa urbana, e en termos prácticos forman a Cidade Capital ou AMSS (Área Metropolitana de San Salvador). O centro da cidade está a unha altitude de 658 metros sobre o nivel do mar.
[editar] Historia
O 27 de setembro de 1546 foi extendida a cédula real, que lle outorgou o Título de Cidade á Vila de San Salvador na cidade de Guadalaxara, cuxas xestións outorgaronselle a Don Alonso de Oliveros, quen como procurador chegou ante a Corte de España para xestionar o “Título de Cidade”.
Oliveros participou na conquista e pacificación do Reino de Guatemala e estivo na fundación da Vila de San Salvador na Bermuda, onde desempeñou varios cargos no Concello Municipal da época.
San Salvador foi unha das primeiras cidades da Real Audenza de Guatemala, en América no ano que se nomeou a cidade só existían co titulo "Santiago" da provincia de Guatemala, "Porto Trujillo" e "Gracias a Dios" en Honduras e "Granada" e "León" en Nicaragua.
Segundo dados históricos, Oliveros puxo dedicación e empeño para que a Vila de San Salvador, obtivera o título de cidade e convirtérase nun dos focos irradiadores de civilización do Continente americano.
A mediados de 1551 fundouse o primeiro convento de Santo Domingo, dirixido pola Orde de Santo Domingo, dirixido polos frailes Tomás da Torre, Vicente Ferre e Matía da Paz; en 1574 fundouse o da Orden de San Francisco dirixido polo Fraile Xoán Vico e en 1625 o da Mercede, cuna da independencia de Centroamérica.
En 1786, creouse a Intendencia de San Salvador, dividia en quince distritos, sempre dependente das autoridades do reino de Guatemala. A súa área sempre foi a mesma que a da alcaldía maior. Foi en San Salvador onde diouse o primeiro grito de Independenza de Centroamérica, sonando as campanas da Igrexa da Mercede polo crego da independenza o fraile Xosé Matías Delgado un 5 de novembro de 1811, data conmemorada con atos cívicos ata hoxe. Pero non foi ata o 21 de setembro de 1821 que chegou a San Salvador a novidade da independenza de Centroamérica.
O 3 de xuño de 1822, tropas ás ordes do Xral. Manuel Xosé Arce, derrotaron ao exército imperial ó mando do Xral. Vicente Filísola, despois de oito oras de sanguenta loita na batala de Mexicáns, cando San Salvador fora sometida polos imperialistas mexicáns.
Caído o imperio mexicano, Centroamerica constituouse na República Federal e El Salvador foi un dos seus Estados. O 12 de xuño de 1824 San Salvador foi erixida en capital do Estado de El Salvador. De marzo ata setembro de 1828, resistiu invita o sitio que impuxolle o exército federal.
San Salvador foi capital da Federación Centroamericana de 1834 a 1839 e foi destruida polo terremoto do 16 de abril de 1854 e durante a colonia, os pobos salvadorenses foron destruidos polos desastrosos terremotos de 1575, 1592, 1625, 1648, 1719 e 1815.
Durante a sanguenta guerra civil que sofriu El Salvador (1980-1992) os rebeldes da esquerda intentaron prender a capital en dúas oportunidades (1981 e 1989) sen logralo.