See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Sífilis - Wikipedia

Sífilis

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A sífilis ou lúes [1] é unha enfermidade de transmisión sexual, aínda que tamén se pode difundir da nai ao feto por medio da placenta, neste caso dáselle o nome de sífilis conxénita[2].

Índice

[editar] Síntomas

1º Fase Logo dun período de incubación de 10 días a 6 semanas (3 semanas media), no sitio de inoculación -a boca, o pene, a vaxina ou o ano- preséntase unha bocha non dolorosa que rapidamente se ulcera, converténdose nunha chaga circular ou ovalada de bordo avermellado, parecida a unha ferida aberta, chamada chancro. é característica a súa consistencia cartilaginosa, con base e bordos duros.

2º Fase Pode presentarse medio ano logo da desaparición do chancro e dura de tres a seis meses, provocando ronchas rosáceas indoloras chamadas «cravos sifilíticos» nas palmas das mans e plantas dos pés (que ás veces poden aparecer noutros sitios como peito, cara ou costas), febre, dor de garganta e de articulacións, perda de peso, caída de cabelo, cefaleas e falta de apetito. Non é común que as lesións na muller sexan tan visibles ás veces, unhas erupciones planas chamadas condiloma latum brotan ao redor dos xenitais e ano.

3º Fase Na terceira fase (chamada tamén fase final), a sífilis vólvese a espertar para atacar directamente ao sistema nervioso ou algún órgano. Nesta fase prodúcense os problemas máis serios e pode chegar a provocar a morte. Algúns dos problemas son: trastornos oculares, cardiopatías, lesións cerebrais, lesións na medula espinal, perda de coordinación das extremidades aneurisma sifilítico ou luético, etc.

Lesión (no nariz) da terceira etapa da sífilis Aínda que un tratamento con penicilina pode matar a bacteria, o dano que faga no corpo podería ser irreversible. A tolemia causada pola sífilis na súa última etapa foi algunha vez o tipo de demencia máis común.

[editar] Tratamento

Antigamente tratábase con mercurio, o cal fixo famosa a frase Unha noite con Venus e unha vida con Mercurio, pero este tratamento era máis tóxico que beneficioso e na actualidade utilízase a penicilina e os antibióticos Pódese curar facilmente con antibióticos durante a fase primaria e secundaria. A penicilina tamén actúa na última etapa aínda que nese caso debe ser penicilina g-sódica, xa que é a única forma de que se difunda o antibiótico polo LCR (líquido cefalorraquídeo), que é onde se atopa a bacteria durante esta última fase. Quen a padecen deben levar unha vida saudable cunha dieta equilibrada e un soño adecuado. A bacteria espiral Treponema pállidum, espiroqueta pode ser tratada con penicilina benzatina. O tratamento con penicilina pode provocar nalgúns pacientes a denominada Reacción de Jarisch-Herxheimer (reacción febril de tipo agudo que con frecuencia vén acompañada por calafríos, febre, náuseas, etc.).

[editar] Secuelas

Tratada a tempo, a enfermidade ten cura sinxela sen deixar secuelas. O padecer a sífilis aumenta o risco de contraer outras enfermidades de transmisión sexual (como o VIH), xa que os chancros (ver máis adiante) son unha vía fácil de entrada no organismo. Se non se trata a tempo, pode ocasionar demencia, problemas circulatorios, cegueira, parálise, trastornos neurológicos a morte. ulceraciones na pel Nalgúns casos, as persoas que supostamente xa obtiveron a cura aínda poden infectar aos demais.

[editar] Notas

  1. Dicionario Ir Indo
  2. A sífilis conxénita está practicamente eliminada nos países máis desenvolvidos. Así en Galicia houbo catro casos entre 1997 e 2005 (tres deles de nai inmigrante) fronte aos 68 casos de sífilis só no ano 2005 Boletín Epidemiolóxico de Galicia, Vol. XIX, número 1, 2006 páx. 2 (PDF)


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -