Rosa Regàs
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Rosa Regàs Pagés, nada en Barcelona en 1933, é unha escritora española.
Índice |
[editar] Biografía
Pasou os anos da Guerra Civil en Francia e ó seu regreso ingresou nun internado. Estudou Filosofía e Letras e licenciouse na especialidade de Filosofía Pura pola Universidade de Barcelona. Traballou na editorial Seix Barral de 1964 a 1970, ano no que funda a editorial La Gaya Ciencia , e as revistas Arquitectura Vis e Cuadernos de la Gaya Ciencia (1976). É nai de cinco fillos.
De 1983 a 1994 foi tradutora "freelance" nas Nacións Unidas en Xenebra, Nova York, Nairobi, Washington, París, etc.
En 1994 foi nomeada Directora do Ateneo Americano da Casa de América de Madrid, cargo do que dimitiu en maio de 1998.
O 14 de maio de 2004 foi nomeada Directora Xeral da Biblioteca Nacional de España. O día 18 de novembro de 2005 recibiu a Lexión de Honra. O 30 de novembro de 2005 a Generalitat de Catalunya concedeulle a Cruz de San Jordi.
En agosto de 2007 dimitiu do seu cargo como Directora Xeral da Biblioteca Nacional de España por discrepancias co ministro de Cultura César Antonio Molina, e foi substituída por Milagros del Corral.
[editar] Entrevistas
Entrevista de Nacho Corredor a Rosa Regàs (audio)
[editar] Premios
- 1994 - Premio Nadal por Azul
- 1999 - Premio Ciudad de Barcelona de Narrativa por Luna, lunera
- 2001 - Premio Planeta por La canción de Dorotea
[editar] Obras
- Ginebra
- Memoria de Almator
- Azul
- Canciones de amor y de batalla
- Viaje a la luz del Cham
- Pobre corazón
- Desde el mar
- Más canciones
- Sangre de mi sangre: la aventura de los hijos
- Sombras, nada más
- Luna lunera
- Hi havia una vegada
- La canción de Dorotea
- Per un món millor
- Diario de una abuela de verano. El paso del tiempo
- El valor de la protesta. El compromiso con la vida
- Volcanes dormidos. Un viaje por Centroamérica
- Memòries de la Costa Brava
- Viento armado