Robert Venturi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Robert Charles Venturi (nado o 25 de xuño do 1925) é un arquitecto estadounidense da escola de Philadelphia, que traballou baixo as ordes de Eero Saarinen e Louis Kahn antes de crear a súa propria firma xunto a John Rauch. Como membro da facultade da Universidade de Pennsylvania, Venturi atopou á súa futura muller, a arquitecta e urbanista Denise Scott Brown, a cal entrou na firma no ano 1967. Logo da dimisión de Rauch no 1989, o estudo tomou o seu proprio estilo e pasouse a chamar Venturi, Scott Brown e Asociados. Robert Venturi gañou o Premio Pritzker no ano 1991.
Venturi foi un crítico moi controvertido coa puritana fuincionalidade da ortodoxa arquitectura moderna, e foi considerado un "contrarevolucionario". Publicou o seu manifesto, Complexidade e Contradicción na Arquitectura, no 1966.
Graduouse summa cum laude na Universidade de Princeton no 1947.
Algúns dos seus traballos máis importantes:
- Ala Sainsbury, National Gallery, Londres
- Edificio Provincial Capito, Tolouse, Francia
- Casa Guild, Philadelphia, Pennsylvania
- Casa Vanna Venturi, Philadelphia, Pennsylvania. Esta casa foi recoñecida como Obra Mestra da Arquitectura Americana polo Servizo Postar dos Estados Unidos en maio do 2005.
Gañadores do Premio Pritzker | ||
---|---|---|
|