Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Oscar Niemeyer Ribeiro Soares Filho (Río de Xaneiro, 15 de decembro de 1907) é un arquitecto brasileiro considerado un dos nomes máis influíntes na Arquitectura Modernista internacional. Foi un pioneiro na exploración das posibilidades construtivas únicas do formigón armado. A pesares de ser un defensor do utilitarismo, as súas obras non tiñan a aparencia fría ou forma blocada tan criticada por pos-modernistas. Os seus predios teñen formas tan dinámicas e curvas tan sensuais que fan que se diga que Niemeyer sexa máis un escultor monumental que un arquitecto.
[editar] Ligazóns externas