Referendo escocés
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para ver información sobre consultas anteriores, ver referendo escocés de 1979
O Referendo escocés foi unha consulta popular que se lle fixo á cidadanía escocesa o 11 de setembro de 1997 sobre o que se coñeceu como a devolución do parlamento, isto é, a creación dunha cámara lexislativa propia. O resultado foi afirmativo.
Índice |
[editar] Preguntas
O referendo escocés de 1997 era un referendo prelexislativo que tivo lugar unicamente en Escocia. O referendo foi establecido polo goberno laborista de Tony Blair, que acababa de gañar as eleccións. Era a segunda consulta que se celebraba no territorio escocés sobre a cuestión da reinstauración dun parlamento autónomo con sede en Edimburgo, despois da frustrada de 1979.
Aos escoceses e escocesas preguntóuselle daquela por dúas cuestións:
- Está vostede de acordo en que exista un Parlamento escocés?
- Está vostede de acordo en que ese parlamento teña capacidade para variar os impostos?
[editar] Posicionamentos
- O Partido Laborista, o Partido Nacional Escocés, o Partido Liberal-Demócrata e o Partido Verde de Escocia apoiaban o dobre si.
- O Partido Conservador apoiaba o dobre non.
[editar] Resultados
O resultado foi afirmativo para as dúas preguntas.
[editar] Primeira pregunta: a cámara
Si | Si (%) | Non | Non (%) | Participación (%) |
1,775,045 | 74.3 | 614,400 | 25.7 | 60.4 |
[editar] Segunda pregunta: os impostos
Si | Si (%) | Non | Non (%) | Participación (%) |
1,512,889 | 63.5 | 870,263 | 36.5 | 60.4 |
[editar] Resposta do goberno
Estes resultados supuñan un claro apoio á restauración da cámara lexislativa en Escocia. Ora ben, con estes mesmos resultados non se obtería tampouco o respaldo que esixía a primeira das consultas, que necesitaba un 50% sobre o electorado, e non sobre o voto emitido. Aínda así, os resultados foron moito máis amplos ca en 1979.
Como consecuencia desta resposta popular, o parlamento británico aprobou a Lei de Escocia de 1998, pola que se creaba un parlamento escocés e un goberno escocés.