Real Audiencia de Galicia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Real Audiencia de Galicia foi un tribunal creado en 1480. Nace como un tribunal especial para o sometemento e pacificación definitiva do reino e e restauración da xustiza real sometendo aos señores. Ata 1578 en que se instala definitivamente na Coruña, a Real Audiencia non tivo sede fixa, senón que se desprazaba aos lugares onde había problemas que solventar(Pontevedra,Mondoñedo etc.). A documentación xerada por este organismo constitúe o fondo fundamental do Arquivo do Reino de Galicia(A Coruña).