See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Rastrexabilidade - Wikipedia

Rastrexabilidade

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A rastrexabilidade consiste na posibilidade de encontrar e segui-lo rastro, a través de tódalas etapas de produción, transformación e distribución, dun alimento, un penso, un animal destinado á produción de alimentos ou unha substancia destinados a ser incorporados en alimentos ou pensos ou con probabilidade de selo [Rgto CE 178/2002, art. 3].

O principio de rastrexabilidade foi establecido por primera vez en Europa no Regulamento europeo nº 178/2002 e entrou en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2005. No seu artigo 18 estableceu, con carácter horizontal, para tódalas empresas alimentarias e de pensos que forman parte da cadea alimentaria, a obriga legal de poñer en marcha, aplicar e manter un sistema de rastrexabilidade.

Posteriormente, o Rgto CE 1935/2004 impuxo a mesma obrigatoriedade para tódolos materiais de envase e embalaxe que poidan entrar en contacto cos alimentos. Esta segunda norma entrou en vigor o 27 de outubro de 2006.

Índice

[editar] Obxectivo

O obxectivo da rastrexabilidade consiste en facer posible unha actuación rápida e completa sobre unha partida de alimentos sobre a que poida existi-la sospeita ou a certeza de que poida representar un problema sanitario para os consumidores, e, desta forma, poder proceder á súa retirada do mercado no prazo máis breve posible e con garantías de actuar sobre toda a partida ou a maior cantidade posible. Este obxectivo fai da rastrexabilidade un elemento básico do principio da seguridade alimentaria.

Para garanti-la rastrexabilidade, as empresas alimentarias e de pensos deberán poder identificar a calquera provedor que lles subministrara unha materia prima, envase ou penso. Igualmente, deberán poder identifica-las empresas ás que subministren os seus produtos. Para ser eficaz, a posibilidade de atopar e identifica-lo alimento debe manterse en todas e cada unha das etapas da cadea alimentaria, desde a produción primaria ata o momento da entrega ou venda ó consumidor final.

Para conseguilo, tódolos alimentos, envases e pensos comercializados na Comunidade europea deberán estar adecuadamente etiquetados ou identificados para facilita-la súa rastrexabilidade mediante a documentación ou información adecuadas que permitan unha identificación inequívoca.

Son os operadores das empresas alimentarias, responsables da seguridade alimentaria de tódolos produtos que poñen á disposición do consumidor, quen deben desenvolver e aplica-los mecanismos que permitan segui-la rastrexabilidade dos seus produtos, e corresponde á Administración pública verificar que o fan e que os sistemas implantados polas empresas son eficaces.

[editar] Metodoloxía

Non existe norma legal, europea nin nacional, que especifique como debe se-lo sistema de rastrexabilidade que adopte cada empresa. En realidade, o Regulamento nin siquera obriga a identifica-los produtos senón ós provedores e ós clientes inmediatos. Pero parece lóxico que, para cumpri-lo seu obxectivo, debe desenvolve-los seguintes aspectos:

  1. Os datos do produto: materias primas a partir das que foi elaborado o alimento, provedor, data de entrada, proceso ou procesos ás que foron sometidas, produto resultante, presentación e almacenamento, data de venda e cliente. Igualmente, é necesario coñecer a que controis foi sometido e o resultado dos mesmos.
  2. A identificación do produto: sistema de identificación e/ou loteado que permitan identificar un produto ou unha agrupación de produtos. Resulta imprescindible poder relaciona-las materias primas (e os provedores) cos alimentos fabricados (e os seus clientes), o que esixe desenvolver un sistema de rastrexabilidade interna.
  3. A relación entre a identificación do produto e os datos sobre o mesmo: o sistema debe permitir relacionar inequivocamente uns e outros, de forma que a partir dun número de lote determinado poidamos coñecer todo o historial do produto ou, polo contrario, que sabendo ese historial poidamos identificar todo o alimento elaborado con aquelas materias primas e a súa distribución.

[editar] Fases

Por todo o anterior, podemos establecer tres fases:

  • rastrexabilidade cara atrás ou de provedores: é a posibilidade de coñecer qué produtos entran na empresa e quen é o seu provedor. É dicir, a empresa debe coñecer exactamente os ingredientes do alimento e a súa orixe, así como os materiais de envase e embalaxe.
  • rastrexabilidade interna ou de proceso. é o seguemento dos produtos dentro da empresa alimentaria, independentemente de si se comercializan directamente ou se utilizan como materia prima para a elaboración de novos produtos.
  • rastrexabilidade cara adiante ou de clientes: é a posibilidade de coñece-los produtos que se elaboran na empresa e cando e a quen se venderon, para poder localizar toda a partida elaborada en caso necesario.

[editar] Observacións

A maior parte da literatura técnica utiliza a forma trazabilidade, calco do inglés trazability / traceability, adaptado directamente ó galego coma se fixo co castelán (trazabilidad, que tamén utiliza a forma rastreabilidad), co catalán (traçabilitat) ou co francés (traçabilité). En portugués, rastreabilidade.

Ningunha das formas utilizadas na literatura (trazabilidade, rastrexabilidade, rastreabilidade, rastreo) está admitida neste momento -marzo 2007- pola Real Academia Galega nin tampouco pola española. O Servizo Galego de Terminoloxía (Termigal) recomenda a forma que utilizamos neste artigo.

[editar] Ligazóns externas

  • AESA: Guía de trazabilidad: Guía para la aplicación del sistema de trazabilidad en la empresa agroalimentaria. Agencia Española de Seguridad Alimentaria, Madrid 2004 [1].
  • Regulamento CE 178/2002, de 28 de xaneiro de 2002, polo que se establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria (DOCE L 31, de 1.02.2002) [2].

{{Disambig}


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -