Río Urubamba
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Río Urubamba | |
---|---|
Val do Urubamba |
|
Nacemento: | Andes |
Altitude da fonte: | ? |
Lonxitude: | 724 km |
Caudal medio: | ? |
Conca: | ? |
País: | Perú |
Desemboca: | Río Ucayali |
O Urubamba, ou Urupampa, é un río do Perú, parcialmente navegábel, e que xunto co río Apurímac forman o Ucayali, un afluente do Amazonas.
Índice |
[editar] O nome
O nome do río en quichua é Willkamayu, "río sagrado", nome que conserva nesa língua ao longo de todo o seu percorrido,e que é oficial nese idioma. Urubamba é outro nome tamén de orixe quichua é significa "chaira das arañas".
[editar] Percorrido
Nace na Cordilleira dos Andes ao sudeste de Cusco, perto do límite coa Rexión de Puno ( onde é chamado Vilcanota ). Flúe en dirección noroeste durante 724 km, antes de se unir co Apurímac en Atalaya para formar o Ucayali, un dos máis importantes tributarios do Amazonas.
[editar] Afluentes
A conca do Urubamba é disimétrica. Os tributarios principais sono pola beira dereita, dos que cómpre sinalar:
- Yaveros.
- Mishagua.
- Inuya.
[editar] O Alto e Baixo Urubamba
Soe subdivirse o curso do Urubamba en dúas partes, o Baixo e Alto Urubamba, cuxo límite ven marcado por unha garganta de fama sinistra, o Pongo de Mainique. O val do Alto Urubamba está densamente poboado e é cultivado intensivamente por regadíos. Áchanse nesta zona vestixios abondo da civilización Inca, entre eles a sonada cidade do Machu Picchu. O val do Urubamba era sagrado para os Incas.
O Baixo Urubamba está menos habitado e desenrolado. Atópanse aquí varios pobos amerindios como os Machiguengas (ou Matsigenkas) e os Ashaninkas. A economía é forestal principalmente e encoóntranse tamén os xacementos gasísticos de Camisea. A localidade máis importante é Sepahua.