Río Sambre
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Río Sambre | |
---|---|
O Sambre en Lobbes |
|
Nacemento: | Le Nouvion-en-Thiérache |
Altitude da fonte: | 199 msmn |
Lonxitude: | 180 km |
Caudal medio: | 36 m³/s |
Conca: | 2.740 km² |
País: | Francia, Bélxica |
Desemboca: | Río Mosa |
O Sambre (en holandés, Samber) é un río francés e belga, afluente do Mosa, con o cal se une logo dun curso de 180 km.
Índice |
[editar] Percorrido
O Sambre nace no bosque de Cartignies, nas cercanías de Le Nouvion-en-Thiérache, no planalto de Saint-Quentin (Aisne). Atravesa Hautmont, Maubeuge, Jeumont (en Francia), e logo Merbes-le-Château, Fontaine-Valmont, Lobbes, Thuin, Charleroi, Sambreville, Floreffe (en Valonia, Bélxica), para render á fin as súas augas no Mosa en Namur. O seu curso é de arredor de 180 km (88 km en territorio francés). A conca hidrográfica en Francia é de 1.250 km², e a pendente media de 0,2 ‰. O total da conca abranxe 2.740 km².
No seu tramo valón, o Sambre, é dicer o Baixo Sambre, dá nome a unha parte da bacía industrial valona, particularmente notoria polas minas de carbón, actualmente pechadas.
[editar] Caudal
O fluxo medio observado a Namur entre 1995 e 2004 foi de 36 m³/s, cunha media máxima de 54,86 m³/s no 2001, e unha media mínima de 21,76 en 2004[1].
[editar] Canalización
O río está canalizado segundo o estándar Freycinet (250 t a 1,8 m de calado) desde Landrecies até Monceau e segundo o estándar de 1.350 t desde alí até Namur.
[editar] Tributarios
O Sambre conta con numerosos afluentes: Riviérette, Tarsy, Cligneux, regueiro de Eclaibes, Flamenne, Helpe Menor, Helpe Maior, Solre, Hante, Thure, Biesmelle, Eau d'Heure e Acoz.
[editar] Historia
O Sambre costituíu, en séculos pasados, un paso obrigado para tudos os exércitos que que quixeran flanquear as Ardenas. Isto explica a movida historia da rexión.
Durante a Primeira Guerra Mundial combateuse sobre o seu curso en 1914 (Batalla da Fronteira) e máis no derradeiro mes da guerra (Batalla do Sambre, novembro de 1918).
[editar] Notas
[editar] Ligazóns externas
- (en francés) Ministero da rexión valona - Estado da conca do Sambre Modelo:Pdf.
- (en francés) Dicionario dos ríos e dos canais de Francia do Projet Babel: o canle do Oise ao Sambre