Charleroi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Charleroi (en Valón: Tchålerwè) é unha cidade e un municipio da Bélxica localizado no distrito de Charleroi, provincia de Hainaut, rexión da Valonia.
En 1 de xaneiro de 2004, Charleroi tiña un total de 200.608 habitantes (97.034 homes e 103.574 mulleres).
A rexión metropolitana ten unha poboación de preto de 500.000. É a cuarta maior cidade da Bélxica e a primeira na Valonia (Wallonia).
A cidade fica xunto do río Sambre. Na área da cidade existen xacementos de hulla e posúe industrias siderúrxicas, metalúrxicas e de maquinaria.
[editar] Historia
A orixe da cidade é unha pequena aldea chamada Charnoy. En 1666 os españois construíran nesta cidade unha fortaleza á que foi dada o nome de Charnoy na honra do rei-meniño Charles II.