Río Prut
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Río Prut | |
---|---|
O Prut en Vorokhta, Ucraína |
|
Nacemento: | Monte Howerla |
Altitude da fonte: | |
Lonxitude: | 910 km |
Caudal medio: | 160 m³/s |
Conca: | 27.500 km2 |
País: | Ucraína, Moldova, Romanía |
Desemboca: | Río Danubio |
O Prut (en ucraíno: Прут) é un río da Europa orienta, tributario do Danubio. O seu curso esténdese por uns 910 km, que bañan a Ucraina, Moldova e Romanía.
Índice |
[editar] Percorrido
O Prut nace nos Cárpatos orientais, no monte Howerla, no sudoeste da Ucraina, na rexión de Iwano Frankiwsk). Toma unha dirección cara sudeste, e despois de 240 km en territorio ucraíno, pasa a formar a fronteira entre Moldova e Romanía durante 711 km, para entrar por último neste último país e unirse ao Danubio, perto de Reni, a oriente da cidade de Galati (Romania). O seu caudal medio é de 160 m³/s na xunta con o Danubio.
[editar] Afluentes
Son numerosos, mais na súa maioría de moi curto percorrido. A destacar:
- Pola esquerda: Racovăţ, con 67 km de curso.
- Pola dereita: Volovăţ, de 43 km; Başeu, 118 km; Corogea, 32 km ; Jijia, sen dúbida o máis importante dos tributarios, cun curso de 275 km e unha bacía de 5.757 km2 ; e o Elan, de 73 km.
A súa conca ocupa unha área de 27.500 km² (10.990 km² na Romanía)
[editar] Navegabilidade
O Prut é navegábel desde a cidade romena de Iaşi, nuns 300 km, até a desembocadura no Danubio.
[editar] Localidades ás beiras
Destacan Chernivtsi en Ucraína, Ungheni, en Moldova e Iaşi na Romanía.
[editar] Historia
Na antigüidade era coñecido como río de Porata o de Pyretus, de onde deriva o seu nome actual. Antes da ocupación por parte soviética da rexión de Besarabia e máis da Bukovina septentrional, en 1940, o río descorría case enteiramente por territorio romeno.
Ten notoriedade histórica a Paz do Prut, que o tsar Pedro I o Grande se víu obrigado a asinar no 23 de xullo de 1711, logo de que as súas tropas se viron cercadas polos turcos na pequena cidade de Huşi.