Río Leira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Río Leira | |
---|---|
{{{lenda}}} |
|
Nacemento: | {{{nace}}} |
Altitude da fonte: | 1260 msmn |
Lonxitude: | 12 km |
Caudal medio: | 1,18 |
Conca: | {{{conca}}} |
País: | España |
Desemboca: | Río Sil |
O río Leira, ou máis propiamente río de Leira, é un pequeno curso fluvial da provincia de Ourense, afluente do río Sil, pola súa beira dereita.
[editar] Percorrido
O río de Leira nace ao pé do pico Montouto, a uns 1260 m de altitude. Ten unha lonxitude total de 12 km, ao cabo dos cales desemboca no río Sil á altura de Vilamartín de Valdeorras, dentro de cuxo concello trancorre todo o seu percurso. O conxunto da súa conca atinxe 45 km2.
[editar] Explotación
Un tradicional aproveitamento do río foi para unha ferrería ou mazo, que remontaba ao século XVI, e que era propiedade do mosteiro lucense de Samos. Desamortizada no XIX, seguíu en funcionamento sob mans privadas até ben entrado o século XX.
Foi dosprimeiros cauces da comarca de Valdeorras, que se utilizaran para a produción de enerxía eléctrica.