Río Furelos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Río Furelos | |
---|---|
{{{lenda}}} |
|
Nacemento: | {{{nace}}} |
Altitude da fonte: | msmn |
Lonxitude: | 26,2 km |
Caudal medio: | 6,63 m3/s |
Conca: | {{{conca}}} |
País: | España |
Desemboca: | Río Ulla |
O Furelos é un pequeno río galego da provincia coruñesa, que baña a Terra de Melide, afluente do Ulla, pola súa marxe dereita.
Índice |
[editar] Percorrido
O Furelos nace da confluencia de varios cursos de auga que baixan dos montes da serra do Careón, no concello de Toques, servindo as súas augas de linde entre ese concello e o de Melide, no que termina por entrar, pasando logo a facer linde entre Melide e o concello de Santiso, onde logo dun percurso por terreo máis ou menos chairo de 26,2 km, únese ao Ulla, contribuíndo con un caudal de 6,63 m3/s. A súa conca abranxe unha área de 151,6 km2.
[editar] Étimo
O nome do río procede de atravesar a freguesía e lugar de Furelos, por de o atravesa o Camiño de Santiago.
[editar] Afluentes
O seu principal afluente (pola dereita) é o rego de Catasol.
[editar] Réxime
O Furelos é un un río de réxime pluvial.
[editar] Explotación
Hai dous pequenos encoros que aproveitan o seu curso para produción eléctrica, que son os de Portochao e Portodiz.