Río Bernesga
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Río Bernesga | |
---|---|
O Bernesga na cidade de León |
|
Nacemento: | Porto de Pajares |
Altitude da fonte: | ? msmn |
Lonxitude: | 76,8 km |
Caudal medio: | {{{caudal medio}}} |
Conca: | 1.162 km2 |
País: | España |
Desemboca: | Río Esla (conca do Douro) |
O Bernesga é un río que corre exclusivamente na provincia de León, no noroeste de España. É un afluente do río Esla, pola súa orela dereita, que á súa vez o é do río Douro.
Índice |
[editar] Percorrido
O Bernesga nace no porto de Pajares, case nos límites con Asturias. Corre logo en direccións sur, atravesando varias localidades leonesas como a Pola de Gordón, La Robla e a mesma capital provincial, León, onde se lle xunta o río Torío.
Logo de 76,8 km de percorrido rende a súas augas ao Esla, pola dereita deste, na localidade de Vega de Infanzones.
[editar] Afluentes
Os principais tributarios do Bernesga son:
- Pola dereita:
- Rodiezmo,
- Casares,
- Río de Los Barrios.
- Pola esquerda:
- Camplongo,
- Fontún,
- Torío.
A conca do Bernesga abranxe 1.162 km2.
[editar] Réxime
O Bernesga é un río de réxime nivo-pluvial. A baixa de caudal na estiaxe é bastante acusada.